Na asemblea xeral celebrada o 29 de xaneiro de 2006, aprobamos o séguente:
«Terceiro punto: Autorización para depositar na antiga canteira, pedra do desmonte de Portosín, e aprobación, se procede.Curioso o de J.P.S., como vocal de 1991 a 1995 aprobou sen chistar (segundo se recolleu en acta e incluso os vocais non pediron nada en troco), que na mesma zona se depositasen escombros* procedentes da ampliación da Comarcal 550 e se extraese barro. A raíz destas actuacións, as zonas convertéronse en vertedeiros incontrolados. Por iso unha das contra-prestacións que habíamos pedido, consistía en rexenerala zona.
O presidente da conta da solicitude presentada por escavacións Benito S.L., encargado do desmonte.
J.P.S. comenta que, se é negocio, que a leven os de Portosín, que os de Nebra non queremos escombro. J.Q.G e varios comuneiros secundan as súas palabras...».
* Aquí depositáranse os escombros
«...O secretario toma palabra e, despois de aclarar que nunca se falou de escombro, se non de pedra, explica en que consisten as contrapartidas ofrecidas polo empresario. A empresa pechará o perímetro da canteira polo seu perigo, aplanara a zona do desmonte de Padín para rehabilitala e presta tres días unha pala, para obras da comunidade, que se executaran onde se vexan máis necesidades. Ademais, esa pedra queda a disposición dos comuneiros ou para súa venda.
Tamén informa de que, saia este acordo adiante ou non, a Xunta Reitora procederá a pechala, xa que en caso dunha desgraza a comunidade será a responsable civil subsidiaria.
Por último indica que, despois de que varios comuneiros preguntarlle onde poderían depositar as pedras que saen dos muros da parcelaria, sería unha boa opción levalas alí: só pedras, nada de terra ou escombros.
Sometese á aprobación pola única forma que debería imperar na comunidade, isto é, votación por papeletas. O resultado foi: sesenta e tres votos a favor, trinta e cinco en contra, un nulo, un branco e o resto abstivéronse ou non estaban presentes».
Antes de que dito acordo se levase a asemblea, o tesoureiro xa se había encargado de dar autorización ao empresario para que tirase a pedra. Ante a chamada do garda forestal ordenándome a paralización, téñome que desprazar a Portosín para falar con Benito, cominándoo a que non siga facendo as descargas.
Unha vez que xa se aprobou a autorización na asemblea, outra vez o tesoureiro anticipándose aos tramites burocráticos fai o mesmo, e chámame de novo o garda e posteriormente o xefe do Distrito, cominándome de novo a que paralizara todo se non queríamos ser sancionados. A comunidade tiña dous móbiles, pero como presidente tiña o seu sempre apagado, os "rapapolvos" levábaos eu todos. A toda presa e tendo que esperar un par de horas para que o señor presidente tivese a ben asinarme as certificacións, entrego todo no Distrito, e aínda así tivemos que esperar un par de semanas para que desen o visto bo e a empresa poder, agora si, coas descargas.
E aquí é onde entra a distinta vara de medir do Distrito, como foi posible que solo coa palabra dun directivo, ou varios, abrisen ilegalmente a pista de Iroite atravesando o agro de meu pai, sen acordo previo da xunta reitora, da asemblea xeral e certificacións ou autorizacións dos propietarios?
Perante as riadas do 2006, algúns comuneiros cos seus tractores, fixeron riscos cos arados nas cunetas das pistas, polo cal creo que se lles pagou. Ademais disto, cooperaron voluntarios aos cales lles pagamos a comida. A pregunta é, e así llo lembrei ao presidente un día que cooperei nestes traballos, por que non se lle esixía á empresa que cumprise o contrato asinado e que fixese eses traballos coa cesión prevista dos tres días da pa, podendo aforrarnos todos eses gastos?
No transcribo o que me dixo, por educación e respecto.

Outro acordo non esixido foi o peche. Aínda que nas fotos se ven tubos, o certo é que presuntamente se roubaron antes de rematalo traballo, polo que non chegaron a colocalos en todo o perímetro. Dixen que se debía presentar denuncia na Garda Civil, pero o tesoureiro comunicoume que a empresa habíalle dito que non facía falta, que reporían todo de novo. Nunca o fixo.
Abaixo a zona que se comprometeu aplanar. Despois tiñamos previsto plantar castaños e outros arbores autóctonos e facer unha area de lecer. Incluso nunha visita do persoal do Distrito estaban de acordo coa idea. De aquí foi onde se sacou o barro.
A empresa aproveitou a decidía e marchouse de rosetas, nos quedamos con varias toneladas de pedra e menos mal, que non votou máis ao prohibirlle Patrimonio continualos traballos do desmonte.
Esta canteira debeuse pechar cando se clausurou, pero ademais de non haber recibido a comunidade presuntamente nada en troco, e miren que saíron miles de toneladas, as autoridades miraron para outro lado e leva así dende 1986.
De nada valeu tampouco que lle dixese aos comuneiros que dunha forma ou doutra isto tíñase que pechar polo perigo que representa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario