martes, 5 de mayo de 2009

Ditadura, discriminación, caciquismo e presidencialismo: 1ª parte

Así de dura título esta primeira entrada polo que pretendía a directiva e vocais no cuarto punto da asemblea: Proposta para a formación da Brigada Preventiva Contra-incendios, e aprobación se procede.

Comeza o presidente dicindo que o control sobre a brigada o ía a levar a comunidade e o Distrito IV e que a cuadrilla ten que cumprir unhas pautas, para que non pasase coma o ano pasado, que despediron a todos por non rozalo que había que rozar. No dixo así claramente, pero foi así como actuaron.

Afirma que este ano berraron coa Xunta de Galicia dicíndolle que era moito o que lles esixían, pero que había comunidades que cumpriron o traballo. Acusou aos do ano pasado de falta de experiencia ou porque eles o fixeron mal, que non se cumpría e que por iso se acabou a brigada. Engade que este ano baixaron as Has. que hai que rozar e que supón, que traballando se pode sacar avante. Afirma que ten claro que se non se rozan as Has. previstas, non hai subvención e a comunidade en vez de pagalo 20%, pagaría o 100%.

Quédome con dous detalles, afirma que berraron cos da Xunta porque esixían moito e de seguido di que este ano, teñen que rozar menos. Non entendo nada. Canto habería que rozalo ano pasado?

O que afirma a partir deste momento o presidente e o que me da pe ao título:
<<...Nós temos pensado outro sistema que vai ser innovador e que eu creo que vai ser ben para todos, falamos na xunta reitora de facer unha comisión que seleccione á xente que vai formar parte da brigada. Esas 5 persoas da xunta reitora organizadas polo vicepresidente, van seleccionar segundo experiencia de traballo, criterios que nos leven ou que os leven a eles a dicir pois este é o traballador que máis nos interesa i este o que menos. Hai unha nota que saíu da xunta reitora, en concreto de Juan (vicepresidente) que nos apuntou que 1 ou 2 persoas podían ir a sorteo... a sorteo limpo. E dicir, que 3 ou 4 persoas iran seleccionadas, como as teoricamente mellor ou máis rendibles para traballos na comunidade e que despois haberá 1 ou 2 que iran a sorteo, entre a xente que se apunte, porque segundo o criterio de Juan e a nós pareceunos correcto, tamén se debe abrila posibilidade á xente nova que non ten experiencia no monte e que ten 19 anos e quere empezar a traballar.
Hai veciños (directivos) que son máis partidarios de meter xente que teña a valía demostrada e non deixar esas prazas a sorteo puro, pero bueno, hai que tratar que o que si esta claro e que a nós nos parece unha boa experiencia e que nisto podemos estar todos de acordo, e que un fillo meu non traballa coma unha muller que teña experiencia no monte e a nós o que nos interesa e que se fagan os traballos para recibila subvención da Consellería.
Vamos poñer 5 membros da xunta reitora para que digan este é o máis traballador, o segundo, terceiro e cuarto son así e que pode haber outros criterios ou criticar esta forma de facelo, pero en principio esta é a que propoñemos a asemblea. Seleccionar por medio dunha comisión de 5 membros, seleccionar a eses traballadores e tratar de cumprir co traballo que hai que cumprir, porque se non, non collemos a subvención.
Esta é a nosa idea, o que se queira apuntar na brigada que se apunte ao rematala asemblea e o que queira intervir, abrimos un turno por si alguén quere discutir isto ou lle parece que debíamos de facelas doutra maneira>>.
Toma palabra R.L., para dicir que ela ou alguén da súa familia non van ir ao monte e pregunta como sabe a xunta reitora se un rapaz traballa ou non traballa? Afirma que hai rapaces que traballan máis que unha muller. Insiste en que ao mellor esa xente traballa máis que ela que ten máis de 50 anos. Dille ao presidente que o que se apunta para ese traballo, debe cumprilo contrato, porque se cadra por un que se apunta e despois se planta, queda unha persoa que o necesita fora. Esíxelle por último: sexamos legais. É o meu punto de vista aínda que non vou a ir, nin ninguén da miña familia.

R.L., estábase referindo á cuadrilla do ano pasado. Presuntamente algúns non cumpriron co seu traballo e rescindíronlle o contrato a todos, obrigándoos a firmalo finiquito e a non presentar recurso.

O presidente di que todo que acaba de dicirse esta claro e que non o van a discutir, pero que a idea é de que esas 5 persoas, seleccionen como se fose á interpelante. Engade, nós delegamos nesas 5 persoas para que elixan os que mellor lles parezan a eles... que poden acertar ou errar, pero en principio a idea é esa, que haxa quen seleccione e tal.

Interveño para dicir que estou de acordo con R.L., e que iso que pretendían facer en palabras textuais era unha DIS...CRI...MI...NA...CIÓN con letra maiúsculas, que non dicía máis e que as Ditaduras se acabaran.

Intervén A.F., para dicir que opinaba igual, que vaian a sorteo si, pero que os nomeen ti e ti, non. Tamén afirma que iso era unha discriminación.

Isto xera un debate no que a maioría se posiciona en contra da postura adoptada pola xunta reitora. O presidente pide silencio para dicir que pode estar a prol do que di A.F, pero que dalgunha forma había que seleccionar á xente, se é que vai. Novamente se produce outro debate e J.L., di que seleccionar non, que a mellor forma é ver como traballan e afirma que esa xente (directivos) non esta capacitada para elixir a ninguén.

O presidente di que en principio pode haber dúas posturas, unha que sexa a que propoñemos nós..., de 5 persoas que non se trata de que sinalen así a dedo aos que lle dea a gaña a cada un... son 5 persoas que van falar diso. J.L., córtao para dicir que diso nada, facer unha votación para ver o que di a parroquia.

O presidente segue nas súas e di que hai unha posibilidade de que esas 5 persoas seleccionen á xente que vaia traballar ou na orden que van traballar e que outra posibilidade e a que apunta J.L. e R.L., ou que outra posibilidade é como se fixo ata o de agora. R.L., insiste nas súas explicación e o presidente di que esas 5 persoas faríano o mellor posible. R.L., di que ela dixo opinión e que se esa xente non vale, coma nunha empresa, á rúa.
Xa non eran dúas formas, se non que eran tres.

Di o presidente que iso se pode someter a unha votación. J.L., di que eses 5 que querían elixir aos traballadores deben facer un cursiño e que vaian traballar eles.

Toma a palabra o tesoureiro para acusar en voz alta á brigada do ano pasado, en que lle custou á comunidade 12.000 euros e que o tivo que pagala comunidade de montes de Nebra, porque non houbo subvención ningunha.

O presidente di que se pode votar se se fai sorteo ou se crea dita comisión de 5 persoas, das que se ía encargar o vice e 4 persoas máis da xunta reitora que aínda non as había nomeado. Afirma, nós escollemos esas 5 persoas, que se cadra equivócanse, se cadra discriminan, se tal e cal, pero tamén podemos dicir que este 5 veciños van elixir aos que mellor lles parece, se non, facemos sorteo puro... e supoñamos que...
Non remata de falar e xerase un novo debate ata que de novo toma palabra para dicir se se fai unha votación dos que elixen facer unha selección ou que se sorteen entre todos. Os comuneiros e comuneiras piden votación, o presidente manda levantala man e volvese a producir un novo debate. Intervén de novo para preguntar se se fai unha votación e os comuneiros ao unísono, din que si. Neste intre pide que levanten a man os que queiran que se faga como se fixo sempre, á sorteo e ao que lle toque, vai, e ao que non lle toque, non.

Pronuncia o resultado o presidente: 29 0u 30 a prol do sorteo e coido que 5 en contra.

É curioso, 4 directivos e ao redor de 20 vocais votan a prol na súa reunión e na asemblea, non pasan de 5 votos, curioso. Como curioso foi o resultado a prol, 29 ou 30. Non digo nada.

Lémbrolles de novo como no 2006, Medio Rural xa nos ameazara con retirar unha subvención e como os 3 directivos, permitiron a 3 traballadoras abandonalo seu traballo para ir a mariscar: http://nebra-nebra.blogspot.com/2009/04/o-menos-prezo-de-medio-rural-con-nebra.html

Outro apunte: o tesoureiro moito acusar á cuadrilla, pero cando foi dos voluntarios pagáronse comidas a esgalla a: un directivo que non foi ao monte; outro que se dedicou a pasear e amosarlle as vistas a voluntarias no coche da comunidade; a unha familiar de directivo, etc. Estas foron as causas polas que como dixen, deixei de colaborar cos voluntarios e que moitos vocais e comuneiros viviron, pero nunca dixeron nada nas asembleas.

Dado que na próxima entrada falarei dunha contratación irregular, non digo nada máis aquí, pero xa se intuía o nome de algúns dos seleccionados.

2 comentarios:

  1. Es sabido que los partidos políticos están muy interesados en ocupar cargos en todas las asociaciones de los parroquias para intentar buscar rendimientos traducidos en votos.
    Si nos atenemos al Son, la mayoría sabemos quienes son los cabezas visibles en las comunidades de montes, pero el pueblo empieza a darse de cuenta de ello y ya no pica como antaño a la hora de ir a votar.
    Las elecciones pasadas fueron un claro ejemplo y la lastima es que los vecinos no escuchasen lo que dijeron algunos de sus presidentes o directivos, cuando en su parroquia no obtuvieron los resultados esperados.

    ResponderEliminar
  2. enhoraboa polo blog!, fai falta mais xente que dedique o seu esforzo a dar a coñecer a problematica das suas comunidades, sexan de montes, das parroquias ou do que sexa...Cantas mais comunidades e comuneiros leven a cabo este tipo de iniciativas moito mellor estaran os montes.

    Animo e adiante co blog.

    Saudos dende Mantoño, Goians.
    A informacion faranos ceibes

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.