Orde do 7 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en comunidades de montes veciñais en man común e se convocan para o ano 2010.
DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 67 Luns, 12 de abril de 2010.PDF
Artigo 4º.- Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións.
1. A superficie forestal mínima por expediente será de duascentas cincuenta hectáreas (250 ha).
Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) poderán formar agrupacións, as cales terán que ser estremeiras ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre pertencer a unha mesma provincia.
Esta é unha boa nova para moitas comunidades de montes de Galiza que antes non podían acceder a este tipo de subvencións ao non dispor de 500 has. Este ano por fin Medio Rural rebaixa dita esixencia á metade. Iso si, ao igual que antes a orde segue permitindo formar agrupacións para acadala superficie precisa caso de non dispor dese terreo.
Perante o meu periplo pola secretaría da comunidade, o 28 de maio de 2006 xa cederamos legalmente en asemblea xeral á comunidade de montes de Goyanes (Portosín), 50 has. para poder creala súa cuadrilla de prevención. Isto presuntamente xa se viña facendo antes, aínda que a verdade é que oficialmente nunca tivemos constancia dilo.
Que en política todo vale demostroumo un directivo desta última comunidade, cando o día que-lle comuniquei a miña baixa do partido, tamén o informei de que a cesión fora ilegal. Pero tanto el coma algúns compañeiros (só me puiden xuntar con tres militantes de toda asemblea local) estaban máis preocupados polo cariz e as consecuencias que en plena campaña electoral podían te-las diferenzas existentes entre dous militantes no xeito de levala comunidade e as súas posibles repercusións nas eleccións municipais, que nas presuntas irregularidades que se estaban cometendo.

Terceiro Punto: Cesión de 50 Has. á Comunidade de Montes de Goiáns (Portosín) para creación dun equipo de contra incendios, e aprobación, se procede.Resalto legalmente en negrita, porque na asemblea celebrada o 13 de maio de 2007, curiosamente na que fun cesado e o presidente ocupou ilegalmente o cargo de secretario, aprobou sen quórum dúas cesións unha a esta mesma comunidade e outra, á de Miñortos.
O presidente explica en que consiste dita cesión, xa que moita xente se dirixiu a Directiva para saber máis. Esta vén motivada en que Portosín, coas Has. de que dispón, non pode crear unha cuadrilla. Isto xa se facía antes, pero non pasaba pola Asemblea tal como é preceptivo.
O tesoureiro engade que en Nebra coas Has. de que dispón, incluso se poderían facer dúas cuadrillas como xa se fixo nalgunha ocasión.
Mª Jesús Rodríguez Martínez pregunta canto dura a cesión. O presidente respóndelle que cando remate a cuadrilla.
Sometido a votación, votan a prol oitenta (80), en contra un (1).
Que en política todo vale demostroumo un directivo desta última comunidade, cando o día que-lle comuniquei a miña baixa do partido, tamén o informei de que a cesión fora ilegal. Pero tanto el coma algúns compañeiros (só me puiden xuntar con tres militantes de toda asemblea local) estaban máis preocupados polo cariz e as consecuencias que en plena campaña electoral podían te-las diferenzas existentes entre dous militantes no xeito de levala comunidade e as súas posibles repercusións nas eleccións municipais, que nas presuntas irregularidades que se estaban cometendo.
1 comentario:
¡¡¡¡¡¡biennnnnnnnnn!!!!!!
Publicar un comentario