Mostrando entradas con la etiqueta DOG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DOG. Mostrar todas las entradas

jueves, 18 de enero de 2018

ORDE do 12 de decembro de 2017...

...Pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para accións silvícolas de prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e para o incremento da capacidade de adaptación e do valor ambiental dos ecosistemas forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Establécense dúas liñas de subvención:
a) Liña I (medida Feader 8.3): axudas para realizar tratamentos silvícolas (prácticas preventivas, de carácter local e a pequena escala, que permitan crear descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal e o control selectivo de combustible, como son rozas, desmestas, rareos e podas) coa finalidade de prevención de incendios.

b) Liña II (medida Feader 8.5): axudas para realizar tratamentos silvícolas (rareos, desmestas, podas, cortas de formación, rozas, etc.) e plantacións puntuais de determinadas árbores, directamente vinculadas ao incremento dos valores ecolóxicos dos bosques que non teñan carácter produtivo.

- Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos

- O prazo de presentación de solicitudes será trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde (publicada 08/01/2018). [19/02/2018]

miércoles, 17 de enero de 2018

ORDE do 11 de decembro de 2017...

...Pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.
Establécense dúas liñas de subvención:
a) Liña I (MR651A): subvención para o control selectivo de combustible.
b) Liña II (MR651B): subvención para a construción de puntos de auga.

- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (publicado 19/01/2017). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación [19/01/2018].


lunes, 27 de junio de 2016

O DOG publica a orde de axudas para a plantación de castiñeiros de froito cun orzamento de 2,6 millóns de euros

www.xunta.gal/notas-de-prensa:  As actuacións subvencionables son os gastos de plantación forestal, incluíndo os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo e adquisición de planta, entre outras

As axudas serán dun mínimo de 300 euros e un máximo de 2.200 euros por hectárea dependendo da densidade de plantación

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde de axudas da Consellería do Medio Rural para o establecemento de sistemas agroforestais que combinen o aproveitamento forestal coa actividade agrícola e nomeadamente a plantación de castiñeiros para froito, cun orzamento de 2,6 millóns de euros.

Estas achegas permitirán a plantación dunhas 1.000 hectáreas destas árbores, propiedade duns 700 titulares. Estas axudas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.

Os principais obxectivos desta medida pasan polo fomento dos sistemas agroforestais e a súa preservación, o aproveitamento sostible dos soutos de castiñeiros, o mantemento da actividade agraria nas zonas rurais, e en particular nas zonas de montaña, e o apoio a un produto galego de calidade amparado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia.

Actuacións subvencionables
As actuacións obxecto de subvención son os gastos de plantación forestal, incluíndo os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, etc.

Tamén haberá primas de mantemento, destinadas ao coidado, mantemento, enxertado no caso de ser necesario e demais traballos posteriores á plantación do castiñeiro para froito, que son precisos para o logro da plantación realizada. E subvencionaranse igualmente as infraestruturas de acompañamento e as obras complementarias.

Con respecto á anterior convocatoria, mellórase a redacción en diferentes aspectos, como a eliminación do criterio de pendente máxima ou a diminución da superficie mínima elixible. Ademais, non se limita a superficie máxima e amplíase o ámbito xeográfico a toda a Comunidade Autónoma.

Importe das axudas
Con carácter xeral, as axudas serán dun mínimo de 300 euros e un máximo de 2.200 euros por hectárea. Dependerán da densidade da plantación (a maior densidade, maior axuda) e de se o castiñeiro é enxertado ou non (primaranse as árbores enxertadas). A superficie mínima para particulares é de media hectárea, aínda que poderán unirse para alcanzar esa superficie en parcelas contiguas. Esta superficie mínima elevarase a dúas hectáreas no caso das comunidades de montes.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Axudas destinadas ao fomento e desenvolvemento do sector equino

NOVAS
O Diario Oficial de Galicia (PDF) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao sector equino para o seu fomento e desenvolvemento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan no ano 2011.

Esta norma pretende fomentar actuacións encamiñadas a compatibilizar a cría de équidos cos aproveitamentos forestais mediante o desenvolvemento de programas de cría que apliquen criterios zootécnicos, fomentar a organización dos produtores equinos en asociacións que establezan os acordos de aproveitamento de pastos coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común; e por outra, fomentar actividades de asistencia técnica, e mellorar a comercialización dos produtos.

Liñas de axudas
As axudas irán destinadas aos investimentos en pequenas e medianas empresas equinas ou explotacións agrarias equinas dedicadas á produción e cría de équidos e á transformación e comercialización de carne de cabalo; axudas ás asociacións e agrupacións de pequenos e medianos produtores de équidos; así como ás pemes non agrarias e outras institucións. Tamén terán parte neste Orde as axudas á formación.

Actividades subvencionables
Serán subvencionables a construción, adquisición e mellora de bens inmobles para a súa adaptación á cría e estabulación de équidos; compra ou arrendamento con opción de compra de nova maquinaria e equipo; implantación de técnicas ou prácticas innovadoras no ámbito da cría equina e celebración e asistencia a certames, feiras ou exposicións cuxa finalidade sexa o fomento e a promoción deste gando; estudos de mercado e viabilidade; e desenvolvemento de actividades ecuestres no ámbito escolar, con fins terapéuticos ou dirixida a sectores con dificultades sociais de acceso á actividade entre outras.

No tocante ás axudas á formación, son subvencionables a realización de cursos de formación en produción equina relacionados coa produción e cría de équidos no nivel de explotación; no ámbito da produción, transformación e comercialización de carne de cabalo; e realización de cursos de formación para profesionais.

Contía
A contía máxima percibida por beneficiario non poderá exceder os 60.000 euros para cada convocatoria para o conxunto de todas as liñas establecidas. No caso de asociacións ou agrupacións de produtores, esta cantidade poderá chegar ata os 100.000 euros por exercicio fiscal.
Información das axudas páxina 20.010 á 2.038.

Na imaxe un cabalo nun peche da comunidade, sen que os comuneiros saibamos a día de hoxe quen autorizou ao seu dono (nin veciño, nin comuneiro) a metelo alí.

sábado, 17 de abril de 2010

Boa nova para moitas comunidades

Orde do 7 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención e defensa contra os incendios forestais en comunidades de montes veciñais en man común e se convocan para o ano 2010.

DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 67 Luns, 12 de abril de 2010.PDF

Artigo 4º.- Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións.
1. A superficie forestal mínima por expediente será de duascentas cincuenta hectáreas (250 ha).
Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) poderán formar agrupacións, as cales terán que ser estremeiras ou pertencer a un mesmo distrito forestal e sempre pertencer a unha mesma provincia.


Esta é unha boa nova para moitas comunidades de montes de Galiza que antes non podían acceder a este tipo de subvencións ao non dispor de 500 has. Este ano por fin Medio Rural rebaixa dita esixencia á metade. Iso si, ao igual que antes a orde segue permitindo formar agrupacións para acadala superficie precisa caso de non dispor dese terreo.

Perante o meu periplo pola secretaría da comunidade, o 28 de maio de 2006 xa cederamos legalmente en asemblea xeral á comunidade de montes de Goyanes (Portosín), 50 has. para poder creala súa cuadrilla de prevención. Isto presuntamente xa se viña facendo antes, aínda que a verdade é que oficialmente nunca tivemos constancia dilo.
Terceiro Punto: Cesión de 50 Has. á Comunidade de Montes de Goiáns (Portosín) para creación dun equipo de contra incendios, e aprobación, se procede.
O presidente explica en que consiste dita cesión, xa que moita xente se dirixiu a Directiva para saber máis. Esta vén motivada en que Portosín, coas Has. de que dispón, non pode crear unha cuadrilla. Isto xa se facía antes, pero non pasaba pola Asemblea tal como é preceptivo.
O tesoureiro engade que en Nebra coas Has. de que dispón, incluso se poderían facer dúas cuadrillas como xa se fixo nalgunha ocasión.
Mª Jesús Rodríguez Martínez pregunta canto dura a cesión. O presidente respóndelle que cando remate a cuadrilla.
Sometido a votación, votan a prol oitenta (80), en contra un (1).
Resalto legalmente en negrita, porque na asemblea celebrada o 13 de maio de 2007, curiosamente na que fun cesado e o presidente ocupou ilegalmente o cargo de secretario, aprobou sen quórum dúas cesións unha a esta mesma comunidade e outra, á de Miñortos.
Que en política todo vale demostroumo un directivo desta última comunidade, cando o día que-lle comuniquei a miña baixa do partido, tamén o informei de que a cesión fora ilegal. Pero tanto el coma algúns compañeiros (só me puiden xuntar con tres militantes de toda asemblea local) estaban máis preocupados polo cariz e as consecuencias que en plena campaña electoral podían te-las diferenzas existentes entre dous militantes no xeito de levala comunidade e as súas posibles repercusións nas eleccións municipais, que nas presuntas irregularidades que se estaban cometendo.