Dende logo hai cousas inconcibibles e nada doado de dixerir, a quen con dous dedos de fronte se lle ocorre facer este escarnio enriba dun castro? Dende logo unha cousa é segura, de moi lonxe non eran. Despois queixasen cando os pillan na "allada" e lles meten un "paquete".
El Progreso: Danan con vehículos todoterreo as catro murallas do castro de Saa
Os veciños da parroquia pastoricense de Baltar atopáronse estes días coa desagradable sorpresa de ver como un dos seus emblemas históricos e turísticos, o castro de Saa, aparecía visiblemente danado a causa do uso dos seus terrapléns por autores descoñecidos con vehículos supostamente todoterreo, que encheron de fondas rodaxes as partes máis elevadas desta estrutura castrexa, unha das de maior dimensión da provincia.
Ninguén, salvo os propios autores deste acto de carácter vandálico, sabe con exactitude cando se produciron os feitos, aínda que algúns veciños apuntaban que «tivo que ser hai poucos días, pois semella aínda fresco», outros sinalan que «polas marcas, vese que é algo de varios días, non dun só».
Moedas para Caronte: Castro de Saa: a visita prometida
Reeditado: Grazas aos amigos de Certo que están en todo, engado a maiores estas fotos da súa colección, onde se observa con maior detemento as defensas dos castro que se explican no vídeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario