miércoles, 8 de diciembre de 2010

Axudas destinadas ao fomento e desenvolvemento do sector equino

NOVAS
O Diario Oficial de Galicia (PDF) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao sector equino para o seu fomento e desenvolvemento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan no ano 2011.

Esta norma pretende fomentar actuacións encamiñadas a compatibilizar a cría de équidos cos aproveitamentos forestais mediante o desenvolvemento de programas de cría que apliquen criterios zootécnicos, fomentar a organización dos produtores equinos en asociacións que establezan os acordos de aproveitamento de pastos coas Comunidades de Montes Veciñais en Man Común; e por outra, fomentar actividades de asistencia técnica, e mellorar a comercialización dos produtos.

Liñas de axudas
As axudas irán destinadas aos investimentos en pequenas e medianas empresas equinas ou explotacións agrarias equinas dedicadas á produción e cría de équidos e á transformación e comercialización de carne de cabalo; axudas ás asociacións e agrupacións de pequenos e medianos produtores de équidos; así como ás pemes non agrarias e outras institucións. Tamén terán parte neste Orde as axudas á formación.

Actividades subvencionables
Serán subvencionables a construción, adquisición e mellora de bens inmobles para a súa adaptación á cría e estabulación de équidos; compra ou arrendamento con opción de compra de nova maquinaria e equipo; implantación de técnicas ou prácticas innovadoras no ámbito da cría equina e celebración e asistencia a certames, feiras ou exposicións cuxa finalidade sexa o fomento e a promoción deste gando; estudos de mercado e viabilidade; e desenvolvemento de actividades ecuestres no ámbito escolar, con fins terapéuticos ou dirixida a sectores con dificultades sociais de acceso á actividade entre outras.

No tocante ás axudas á formación, son subvencionables a realización de cursos de formación en produción equina relacionados coa produción e cría de équidos no nivel de explotación; no ámbito da produción, transformación e comercialización de carne de cabalo; e realización de cursos de formación para profesionais.

Contía
A contía máxima percibida por beneficiario non poderá exceder os 60.000 euros para cada convocatoria para o conxunto de todas as liñas establecidas. No caso de asociacións ou agrupacións de produtores, esta cantidade poderá chegar ata os 100.000 euros por exercicio fiscal.
Información das axudas páxina 20.010 á 2.038.

Na imaxe un cabalo nun peche da comunidade, sen que os comuneiros saibamos a día de hoxe quen autorizou ao seu dono (nin veciño, nin comuneiro) a metelo alí.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Quen lle dixo a vostede que a xunta rectora non sabe nadade que e ese cabalo.... e mais a vostede como comuneiro que sexa ninguen lle ten que dar explicacions. E deixe de quitar fotos e de pintar a choca. gracias.

Anónimo dijo...

Paco, este comentario aínda que cho deixaron caer aquí, en realidade tiñan que colarcho no outro blog, o que pasa que pedirche que deixes de quitar fotos daba o cante. ¿Non sei se me entendes?.
Un amigo que prefire quedar no anonimato, pero que saibas que algunha vez algo temos falado sobre todo isto.

Unknown dijo...

Paco, estás perdido! Es o Julian Assange de Porto do Son! Tes montada unha wikileaks comuneira e van por ti! Que o saibas! (e sigas, como se oíses chover cando veñen estes trolls a poñerche a pingar).