viernes, 10 de diciembre de 2010

Outro intento de facerme calar?

Á vista do "intento de silenciarme" que acabo de recibir na anterior entrada, fágome eco desta vella noticia que relaciono ao final, para que vexa que estas cousas xa non me pillan desprevido e que non só se dan en Nebra. Saliéntoa porque no seu día por defendelos meu dereitos no seo da comunidade xa tentaran silenciarme i expulsarme de comuneiro por dúas veces. A primeira vez quedou rexistrado na acta que achego, tal e como lle petou á secretaria, omitindo as miñas verbas e as de outros comuneiros, de porqué non me podían expulsar.

O certo é que non levaron a súa ameaza avante porque ían de farol e porque a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, comunicarame por escrito que non houbera tal reunión, que non existía a figura do Censor Xurado de Montes e que como tal, non podía intervir en temas propios da comunidade. Nisto polo menos téñolle que da-las gracias, todo o contrario da Xunta do bipartito que tal e como veño denunciando, XAMAIS nos contestaron á ilegalidade cometida no agro de meu pai.

A segunda vez que o tentaron sóubeno por segundas persoas, pero tampouco deberon ve-las cousas claras porque recuaron. O último que me aconteceu foi a miña expulsión de secretario, pero iso non quere dicir que tampouco conseguiran facerme calar.

Distinguido anónimo, xa personalizando, descoñezo a que ven o seu comentario: «Quen lle dixo a vostede que a xunta reitora non sabe nada de quen é ese cabalo...». Se revisa a entrada para nada menciono á xunta reitora, pero direille máis, aínda no suposto caso de que fose certo a súa afirmación e aprobasen o uso deste e outros peches nunha das súas reunións, dito acordo é ilegal ao non ser aprobado polos comuneiros nunha asemblea xeral.

Isto é o que din os nosos Estatutos:
Art. 8º.- Corresponde a la Asamblea General:
- Aprobar el otorgamiento de cesiones, arrendamientos, planes de aprovechamiento y toda clase de contratos con terceros, así como la distribución de aprovechamientos, beneficios y cargas y las cantidad que los rendimientos económicos de la comunidad debe reservarse para inversiones en mejoras y servicios del monte y que en ningún caso podrá ser inferior al 15% de aquéllos, en virtud de lo dispuesto en el art. 23 de la Ley 13/1989.

«Mais a vostede como comuneiro que sexa ninguén lle ten que dar explicacións». Esta moi, pero que moi equivocado, coma comuneiro e copropietario dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común chamados "Iroite, Barbanza, Enxa e Pedregueiras", teño todo dereito a reclamar verbalmente ou por escrito calquera información sobre eles, outra cousa é que se me negue ou se me impida o acceso a esa información.

«E deixe de quitar fotos e de pintar a choca». Por se non se decatou en España gozamos de certa liberdade fai moitos anos e agardemos que así siga sendo por moitos máis.

Gracias por expoñela súa opinión, pero gustaríame nunha próxima ocasión saber a quen dirixirme. Por certo, indague sobre o que significa "choca".
A Audiencia Provincial de Pontevedra ratificou a sentenza do xulgado de primeira instancia número 2 de Lalín que obrigaba á Comunidade de Montes en Man Común de Asorei (Vila de Cruces) a admitir a un veciño como socio.

O colectivo veciñal presentara un recurso contra a sentenza do xulgado lalinense alegando que o veciño non reunía o requisito de posuír casa aberta con fumes nin realizar tarefas relacionadas co monte. O afectado, pola súa banda, indicou que a nova normativa suprimiu o requisito de dedicarse a tarefas relacionadas co monte e apuntou que tiña aberta casa propia, independente da dos seus pais no lugar aínda que non estea casado. A Audiencia entende que non hai motivos para impedir o seu recoñecemento como comuneiro «aínda que non conte con aquela facilidade probatoria se é que ten casa aberta con fumes». Ademais, indica que non se probou nin tampouco orientado a proba en orde a acreditar a existencia dunha fraude de modo que unha mesma casa conte con máis dun comuneiro -ao estala a vivenda deste veciño na mesma parroquia que a dos seus pais-. É por iso, que ratifica o fallo do xulgado lalinense e desestima o recurso da comunidade de Asorei.
Texto da nova en castelán

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.