viernes, 30 de diciembre de 2011

As ideas deféndense con verbas, xamais con violencia... ou calumnias

Co titulo desta entrada non quero dicir que quen se «vingou» do coche da presidenta da Comunidade de Montes de O Buelo, Santa Lucía Sur e O Río, fose algún dos seus comuneiros críticos «isto terao que dirimir a Garda Civil e un Xuíz», porque hai demasiada xente sen escrúpulos que aproveitándose de circunstancias parecidas sempre intenta covardemente meter «cizaña».

Este tipo de xente non se corta con nada e demasiadas veces son tamén especialistas en levantar calumnias ou intromisión na vida privada. No eido «publico» isto pasa xeralmente con políticos, directivos de comunidades de montes, asociacións de veciños, comisións de festas... ou oposición é críticos. A maioría de veces non hai testemuñas, pero o ruxe-ruxe esta ai.

Sei o que é ser acusado inxustamente de ambas cousas por defender publicamente a miña posición no ceo da comunidade, non agora «ou polo menos non teño constancia», pero si fai uns anos. Lamentablemente cando intentei tirar dos fíos... xamais dei coa madeixa.

Dende aquí o meu apoio a Beatriz Diz Diz.
A Garda Civil de Cuntis investiga a denuncia interposta por unha veciña de Moraña tras os danos sufridos no seu vehículo. Beatriz Diz Diz, presidenta da Comunidade de Montes de O Buelo, Santa Lucía Sur e O Río, afirmou onte que sente «acosada» e teme que a situación vaia a máis.

A primeira agresión ao seu coche, un Fiat Dobló, rexistrouse a noite do 6 ao 7 de decembro, cando apareceu roto o cristal do lateral dereito. O vehículo estaba aparcado á beira dun terreo da súa propiedade no lugar de O Buelo. O pasado día 27 atopouse cunha roda desinflada. Un mecánico comprobou que o pneumático tiña unha punta cravada e tras inspeccionar a zona atopáronse máis puntas.

A afectada relatou aos axentes da Garda Civil que esas accións contra o seu turismo poderían estar relacionadas co conflito que vive a comunidade de montes tras as eleccións do pasado outubro, en que foi reelixida presidenta. Varios comuneiros consultados onte desvincularon as desfeitas no coche de Beatriz Diz das críticas cara á súa xestión. «Ou que a xente quere son unhas eleccións xustas», comentou un dos veciños.
Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.