miércoles, 11 de enero de 2012

Expedientan a un madereiro por abrir un camiño en Santa Trega

Sen animo de defender ao madeireiro, as administracións públicas teñen unha clara dobre vara de medir. Cando son elas as que cometen as ilegalidades, a parte do silencio administrativo, deféndense cos cartos dos contribuíntes, incluso cos do que agraviaron ou expropiaron ilegalmente. Cando é todo o contrario, aínda que non sempre é así, expediente coma neste caso a este madeireiro por abrir presuntamente un camiño.

Digo que non sempre é así, porque neste mesmo blogue denunciei como algúns madeireiros para sacar madeira de propiedades privadas en Nebra, non dubidaron en facer ramplas sobre pistas recen reparadas pola comunidade, cortándolle o paso natural a auga co que conseguinte deterioro, e por onde antes pasaba un utilitario, agora nin soñalo.

Nin moito menos é isto o que me motiva facer esta critica, ao fin e o cabo se algún día se volven a reparar, xa tirará de novo de "chequeira" a comunidade ou a Xunta, coma sempre vou a máis ao persoal. Se agora a Xunta expedienta a este madeireiro porque presuntamente abriu un camiño para o paso dos tractores, por que no seu día fixo "mutis" cando lle abriron unha pista como unha autoestrada polo medio e medio do agro de meu pai, sen o seu consentimento?

Pero o que máis choca e ler cousas coma esta: «(...), dado que se están a alterar de xeito notábel as pistas existentes e abrindo outras indiscriminadamente», resalta o BNG. Curioso, non? Mentres alí critican que se abran pistas indiscriminadamente, aquí, os "seus" posicionarónse a favor de quen dou a orde, que non foi outro máis que o seu compañeiro e presidente da comunidade e Medio Rural, porque dependía do seu partido e porque foi quen a abriu. Seguramente como acontece agora en Santa Tegra, se naquela época gobernasen outros recibiriamos todo tipo de apoios... pero xeralmente os lobos non se atacan entre si.

O transito de camións madeireiros polo Santa Trega está a saírlle caro á icona de A Garda. Ao monumento nacional e ben de interese cultural, que espera desde hai case dous anos o plan director que permita desbloquear o seu proxecto de posta en valor, vólvenlle a pasan por encima.

O BNG asegura que «as talas de árbores que se están a facer dende hai semanas sen ningún tipo de control» son a causa do que cualifican como «desfeita», xa que falan de «desfeitas no castro do monte». Os nacionalistas sosteñen que as condicións nas que se está facendo a tala «está afectando ao patrimonio arqueolóxico».

O alcalde confirma o impacto sobre os camiños pero nega afección algunha sobre o castro. Sobre o primeiro aspecto confirma ademais que Patrimonio, «que coñece e fai un seguimento puntual de tódalas talas, abriu xa hai un par de meses un expediente sancionador contra un madeireiro que abriu ilegalmente un camiño». O rexedor, José Manuel Domínguez Freitas, mostrou tamén o seu malestar pola deterioración das pistas debido ao paso continuado de tractores e aos factores meteorolóxicos. Freitas afirma que o Concello, pola súa banda, cominou a un empresario a que en quince días restaure os danos causados nun tramo do Camiño Monacal ao seu paso polo monte. «Foi no treito que vai do barrio de Sáa ata A Sangriña, no que a maquinaria esnaquizou parte da calzada».

Domínguez Freitas confirma tamén que «nos últimos meses se fixeron varias talas de eucaliptos tanto en zonas das comunidades de montes como en fincas particulares». O alcalde non nega que a venda de madeira estea a deteriorar os camiños; aínda que reitera o seguimento de Patrimonio e rexeita outras afeccións ao castro.

Os nacionalistas con todo aseguran que nos lugares que visitaron estes días «pódese apreciar como a maquinaria pesada provocou un deterioro importante de xacementos arqueolóxicos catalogados». Así, afirman, ««vese o desprazamento de pedras que forman parte de muros e vivendas, afloramentos de restos de tégulas e xeixos tallados».

«Os traballos están a afectar ao medio ambiente, dado que se están a alterar de xeito notábel as pistas existentes e abrindo outras indiscriminadamente», resalta o BNG.

O portavoz municipal do grupo, Xan Lois Lomba, lembra que «o Concello e o Padroado do Monte Santa Trega teñen a responsabilidade de velar polo mantemento e conservación do patrimonio cultural».
Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios: