jueves, 29 de diciembre de 2011

Que vaian copiando


A ninguén se lle escapa que na maioría de Concellos da bisbarra, por non dicir todos, existen diferentes barreiras arquitectónicas que impiden que a xente con mobilidade reducida poida desenrolala súa vida dun xeito máis natural. Lamentablemente nisto pecan tódolos gobernos independentemente da súa cor.

É certo que nos edificios públicos isto vaise suplindo pouco a pouco, aínda que queda moito por facer, pero onde máis se fan notar estas barreiras é nas beirarrúas ou pasos de peóns, de recente construción e outras, desde que existe a Lei 1/1998, de 5 de maio, de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas, urbanísticas e da comunicación.

Deixando aparte o publico e xa entrando no «privado», aínda que de privado non ten nada, en Nebra temos o local da comunidade feito fai 3 anos con unha entrada que impide o paso dunha cadeira de rodas. Aínda que na foto ollen un rebaixe fronte a porta, o marco desta anulalo.


Despois temos incomprensiblemente unha porta de emerxencia con un chanzo, que a día de hoxe aínda non foi suprimido a pesar de que o denunciei aquí:
Unha de cal e outra de area
Incrible, pero verdade

Todo isto ben a conto de que na recentemente reinaugurada sala de festas de Xuño, os novos administradores solicitaron o asesoramento da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para poder adaptala para tódolos públicos, e non me refiro só pola idade. Oxalá o seu exemplo se faga norma en tódolos Concellos e colectivos privados.

Os meus parabéns a Manuel e David Sampedro e Adolfina Ares.
A localidade sonense de Xuño conta, desde o pasado día 23, cun novo local de lecer nocturno. Trátase dunha discoteca que leva o nome de Aquarium Salga de Eventos. O establecemento, que incrementa a oferta deste tipo de negocios na comarca barbancesa, ten, ademais, a particularidade de que se trata dun lugar totalmente accesible para persoas con diversidade funcional.

A sala sitúase no inmoble que hai xa varios anos ocupou outro establecemento similar e os novos donos efectuaron unha reforma integral para conseguir a completa eliminación de barreiras arquitectónicas. Neste traballo tivo unha participación decisiva a área de accesibilidade da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), que asesorou aos donos na remodelación.

Elevador salvaescaleras

Entre as accións acometidas figura a colocación dun elevador salvaescaleras. Trátase dun instrumento fundamental para posibilitar a entrada de persoas con mobilidade reducida, posto que a discoteca está situada nunha entreplanta. Ademais, instalouse un aseo adaptado.

Desde Cogami indicouse que «este tipo de iniciativas inclusivas sempre son moi ben acollidas por Cogami, porque cremos que todos temos dereito a sentirnos parte dá sociedade. A eliminación dás barreiras físicas e mentais axudan a que haxa unha maior integración».

O negocio está rexentado polos irmáns Manuel e David Sampedro e por Adolfina Ares. A estrea tivo lugar o pasado venres e, con tal motivo, a actuación musical correu a cargo da orquestra Capitol, da que, ata hai pouco, formaba parte como batería un dos donos, David Sampedro.

O primeiro fin de semana de actividade constituíu un éxito e os propietarios confían en que o negocio sexa ben acollido polo público e se converta nun lugar de encontro.
Fonte orixinal: La Voz de Galicia

No hay comentarios: