miércoles, 16 de mayo de 2012

O rural que queremos: Experiencias e propostas para a súa custodia e posta en valor

PRESENTACIÓN:

Na Comunidade de Montes do Salgueiral, como tantas outras, ademais de entidades públicas e privadas vinculadas ó medio rural, vimos traballando dende hai anos na conservación e posta en valor dos nosos recursos ambientais e culturais, algúns deles patrimoniais, sen ter unha perspectiva clara de cales son as vías máis axeitadas para manter e optimizar estes recursos sen caer, dunha banda, na excesiva e limitadora protección legal tendente a musealizar espazos vivos e, doutra banda, sen recorrer á sobreexplotación dos recursos para a obter un rendemento económico razoable en relación ó traballo e ó esforzo invertidos neles.

Dende hai un par de anos, vimos realizando actividades de educación ambiental sobre o río Almofrei e a súa contorna para escolares e adultos na parroquia pontevedresa de Bora. Estas actividades puntais teñen a vontade de se converter nun programa continuado de accións educativas e dinamizadoras da parroquia, que chamamos o Aula do Almofrei.

Esta primeira Xornada de Traballo “O rural que queremos” pretende ser un espazo de encontro, de diálogo e de exposición da diversidade de axentes que están contribuíndo a activar, ó tempo que conservar, os recursos específicos do rural.

Lugar: Casa de Cultura do Salgueiral, en Bora (Pontevedra).
Data: Sábado 2 de xuño de 9:30 a 14:15 horas.

Más información descargando o Programa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.