viernes, 22 de noviembre de 2013

Non temos remedio: arrasamos con todo!!!


La Voz de Galicia: A pita do monte: un símbolo dos Ancares lucenses xa extinguido

Un foro analizará en Cervantes a situación desta especie. Organízao a Asociación de Custodia do Territorio e a Sociedade de Ornitoloxía

A pita do monte é un emblema dos Ancares lucenses. A súa figura ou o seu nome aparece nos logotipos das entidades máis emblemáticas, na denominación dalgúns establecementos ou incluso constitúe o premio que anualmente entrega o Club Ancares a persoas comprometidas co medio ambiente. Con todo, a pita do monte como especie está completamente extinguido en Galicia e a súa presenza na Península quedou reducida aos montes asturianos e leoneses. O pasado, presente e futuro desta especie en Galicia, o Tetrao urogallus, coñecida como a pita do monte, analizarase este fin de semana en Piornedo, en Cervantes, dentro dunhas xornadas organizadas pola Asociación Galega de Custodia do Territorio e pola Sociedade Galega de Ornitoloxía, en colaboración con Urogallo Cantábrico.

O sábado pola tarde, a partir das 16.00 horas, intervirán o investigador da USC Ignacio Munilla Rumbao, que falará da historia da especie en Galicia, e o coordinador do Life+Urogallo cantábrico, Luis Robles , que explicará o proxecto de conservación da especie na cordilleira cantábrica.

Tras estes dous relatorios, sobre as 18.00 horas, haberá unha mesa redonda acerca do futuro de píta do monte en Galicia. Ás 21.00 horas haberá unha cea de confraternización no Hotel Piornedo e ao redor das 23.00 horas un concerto. O domingo, os participantes na xornada gozarán dunha excursión polos montes de Piornedo.

Doutra banda, os organizadores destas xornadas informan de que ata este domingo se poderá visitar a exposición itinerante sobre o urogallo cantábrico. Atópase nas instalacións do Hotel Piornedo, abertas ao público de mércores a domingo.

A extinción da pita do monte galego produxose en apenas tres decenios

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.