ORGACCMM: Escribimos dende ContraMINAcción Rede contra a minaría destrutiva na Galiza para alertarvos dun tema que nos parece moi preocupante.
Antonte apareceu no DOGA o seguinte anuncio:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20131218/AnuncioCA04-041013-0006_gl.pdf
Neste anuncio basicamente veñen dicir:
De acordo co disposto no artigo 105 da Lei de minas do 21 de xullo de 1973 e 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e para os efectos previstos no artigo 56 do seu regulamento, sométese a información pública a solicitude efectuada pola compañía mercantil Reporicelo, S.L. para que se declare urxente, para os efectos de expropiación forzosa, a ocupación dos bens e dereitos precisos para a continuidade dos traballos de explotación na concesión Xardoal nº 5.175, da que é titular, e que se sitúa no concello do Barco de Valdeorras (Ourense).
O que se fai público de conformidade co previsto no número 2 do artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa. Calquera persoa, dentro dos quince días seguintes aos da publicación desta resolución, e os interesados, no mesmo prazo contado desde o día seguinte ao da notificación que se lles fará, poderán achegar por escrito os datos que consideren oportunos para rectificar posibles erros na relación de bens e propietarios afectados, presentando por triplicado as alegacións que consideren oportunas nas oficinas desta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 4º, 32003 Ourense.
Os propietarios das parcelas afectadas son a xunta veciñal de montes en man común de Penaguillón, nos núcleos de Vilanova e Forcadela (O Barco de Valdeorras). Neste mapa podedes ver a zona afectada.
En ContraMINAcción pensamos que este é un tema moi grave, pois están a expropiar monte común sen que estea acreditada previamente que a «utilidade pública» da concesión prevaleza sobre a utilidade pública do monte. Nós consideramos que ese é un requirimento previo. Polo tanto, aquí están a poñer en risco a privatización do monte comunal.
Se queredes contactar por este tema, por favor respondede a contramina@googlegroups.com
Saúdos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario