Montes Comunais
Noticias do monte galego e opinións da CMVMC de Nebra
lunes, 10 de diciembre de 2018
martes, 16 de octubre de 2018
Festa e feira
O posto colectivo de Máis de tres (Uned) acolle con moita alegría a todo o mundo....e ademais hai baile
domingo, 7 de octubre de 2018
Lembrando aquel 12 de outubro
Un ano máis temos a ben convidalo ao recordo deste masacre na nosa aldea no ano 1916.
- Ás 7 da tarde faremos a tradicional ofrenda floral na ponte de Cans, onde se erixe o monólito que foi posible colocar grazas á achega económica particular e de veciños e visitantes interesados nos feitos, Talleres Loreto e o BNG de Porto do Son.
- Ás 5 da tarde no local da Comunidade de Montes de Nebra presentarase un libro que recolle historias das revoltas populares en diferentes lugares de Galicia, e que ten un capítulo sobre Nebra, da man de Eliseo Fernández Fernández.
Intervirán na presentación Patricia Torrado Queiruga, que nos presentará un ensaio sobre as "Mulleres en loita a comezos do s.XX", onde se destaca un tema que se repite moito no monográfico, o destacado papel da muller nesas revoltas. Tamén falará Roberto Vilameá Ponte, do consello de administración de Sermos Galiza, editora do volume; e rematará a presentación Francisco Rodríguez Sánchez, histórico político do BNG, ex-deputado e co-autor da publicación.
- Ás 7:30 haberá unha misa polas vítimas na igrexa de Santa María de Nebra, a petición de familiares e coñecidos das mesmas.
Van alá 102 anos dos feitos. Unha historia que por anos foi ocultada e mesmo deturpada, chegando a considerar as súas sepulturas como as dos fusilados. Dende que vimos lembrando as vítimas estes 19 anos de xeito ininterrompido, a súa historia xa é coñecido alén de Porto do Son, e foi posible documentar, con novas informacións, a versión que lle deron algunhas testemuñas directas do acontecido a Paco do Martelo, fundador desta lembranza. As mentiras da administración fixeron caer no esquecemento estes feitos durante anos, pero a verdade sempre sae á luz.
O acontecido foi consecuencia dun abuso dos administradores do Concello, cargando nos veciños de toda a vila as débedas da súa mala xestión. A liga agraria de Nebra negouse a pagar o que non lles correspondía, e así, chegouse á idea de impedirlle o paso ao axente recadador na ponte de Cans. Quedouse o día 12, como se falou nas reunións, e por vontade propia, as mulleres decidiron ir á cabeza da manifestación, e ao berro de "non se paga o defís", xuntáronse a unha beira da ponte. Do outro lado, un destacamento considerable da Garda Civíl, chamados expresamente para protexer ao axente e que este puidese acometer o roubo aos veciños. Nun momento, no que o tenente ao mando xustificou antes os seus superiores coa orde de dúas descargas ao aire, os feridos foron caendo na ponte, e aí os deixaron mentres fuxiron protexer ao alcalde a Portosin.
Se desexa máis información, pode pórse en contacto no correo contacto@enfeitizador.es.
Saúdos cordiais.
Familia do Martelo
Organizadores do acto de lembranza
viernes, 14 de septiembre de 2018
Suscribirse a:
Entradas (Atom)