Estamos a 14 de marzo e o presidente aínda non convocou a Asemblea Xeral Extraordinaria na cal segundo a Lei de Montes, tiñamos que aprobalo censo anual de comuneiros.
Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 1371989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Artigo 60.- Informe anual.
Dos estatutos remitirase ao Rexistro Xeral, a través da sección provincial, orixinal asinado polo presidente e secretario da xunta reitora; a composición desta, tamén se fará constar mediante certificación do libro de actas correspondente, así como certificación de que foron aprobados pola asemblea cos requisitos e formalidades legais. Aos estatutos unirase copia auténtica do libro de rexistro de comuneiros, que se actualizará no mes de xaneiro de cada ano.
Estatutos da Comunidade.
Artigo 6º.- A Xunta Reitora da Comunidade elaborará e actualizará anualmente, listado de altas e baixas que se produzan no censo ou relación de comuneiros.
Artigo 8º.- Corresponde a Asemblea Xeral:
- A ratificación ou revisión das admisións e baixas practicadas anualmente con carácter provisional, pola Xunta Reitora.
Artigo 10º.- Son funciones da Xunta Reitora.
- A elaboración anual do censo de comuneiros con expresión de altas e baixas, sen prexuízo da aprobación definitiva pola Asemblea Xeral.
É curioso, ao transcribir agora estes artigos descubro que dous deles veñen a dicilo mesmo, e miren que os mirei veces, pero no caín neste pequeno detalle. Isto dáme máis forza a criticar aos ex compañeiros por non querer revogalos ou reformalos no seu día, tal e como habíamos acordado todos.
Fago fincapé en todos, porque o presidente incluso pediu aos directivos doutras comunidades copias dos seus, para sacalo mellor de cada un.
Neste caso, insisto, a pesar dese acordo non lles interesou acatalo, tal vez porque no seu día fun o primeiro en solicitar a súa revogación polo mal que estaban feitos. Iso si, interesoulles máis abrila pista no agro de meu pai e outros comuneiros, que calan porque saíron favorecidos.
Con esta entrada solo pretendía denunciar o incumprimento da Lei, polo que non me estenderei máis sobre a revogación ou reforma dos estatutos, que necesitan una reflexión moito máis profunda e matizada.

No hay comentarios:
Publicar un comentario