Portosín honra hoxe á Virxe do Carme, e volverá a facelo como antano cun percorrido en barco pola ría, onde media ducia de barcos darán color á procesión. Manel Deán comentou que a organización contratou un seguro e que solo se permitirá o acceso dunha vintena de persoas nas embarcacións, para cumprir coa normativa de seguridade.
O Carmen volveu a surcalas aguas de Portosín sete anos despois da última procesión marítima
Preguntarédesvos, que terá que ver unha festa tan mariñeira con temas comunitarios?
Foi no ano 1998 cando un accidente puxo en perigo unha tradición mariñeira, como eran as procesións marítimas con barcos ateigados de xente. Foi un pequeno accidente fortuíto, pero a Xustiza condenou ao armador do Saleta, un barco de Aguiño, a pagar 300.000 €. Este ano recuperaron a tradición, pero con moitas limitacións.
Revisando hemerotecas, atopamos infinidade de información. Vexan só dous exemplos:
As esixencias de seguridade fan perigar as procesións do Carme.
Seguros colectivos cobren resgos na procesión marítima de Celeiro.
Pero isto non pasou só coas procesións marítimas, onde embarcabamos sen presións e baixo a nosa conta e risco, sabendo que o barco era navegable, outra cousa ben distinta era que fose unha chatarra coma o Prestige, pero neste caso a Xustiza si que non encontrou culpables.
Ao outro lado da ría, en Esteiro, tampouco nada que ver co monte, un fatal accidente no ano 2000, puxo en xaque o Gran Prix.
Rodrigo Molinos aínda non encontra explicación hoxe en día dos motivos que levaron ao xuíz a condenalo a pagar case 15.000 euros, a mesma cantidade a que tiveron que facer fronte o Concello de Muros, a Esteirana e o Banco Vitalicio:
Aínda que nesa data era o secretario, descoñezo o custo, xa que non vin facturas, nin na xestoría como xa dixen, teñen coñecemento do pago.
Supoño que baseándose en esa suposta "autorización" a contratar desa forma, volveron a facelo mesmo encargándolle a outro comuneiro plantar pinos sen cobertura legal e supoño que tamén o "compensarían". Na asemblea Xeral do 3 de maio lle preguntei ao secretario:
A Xustiza e as autoridades mentres non pasa nada están aí aletargadas, non esquezamos que nas procesións ían as autoridades da militares e civís e nunca dixeron nada. Coas carrilanas pasaba outro tanto, que mesmo foi declarada de interese turístico galego no 2000, pero os xuíces non dubidaron en castigar aos menos culpables.
No noso caso é o mesmo, mentres non pase nada aí seguiran contratando a amigos desa forma, pero o día que pase, seremos todos culpables e cando digo todos, refírome que tódolos comuneiros como responsables civís subsidiarios teremos que facer fronte as posibles indemnizacións cos nosos cartos, caso de que na comunidade non haxa fondos, independentemente de que os directivos, teñan outro castigo.
A Comunidade aínda que só sexa por un día, por Lei debe contratar a unha persoa con tódolos requisitos legais e dubido moito que haxa ese informe favorable que aduce a directiva, se non, non entendo porque noutra ocasión e cando a directiva estaba dirixida por xente sen afiliación política fomos sancionados, cando nese caso foran os propios comuneiros os que aprobaran os traballos.
Por outra parte, tamén deberiamos ter un seguro de responsabilidade civil subsidiario, algo que dixen no seu día e foi outro tema que non interesou.

«É certo que eu era o encargado da organización da carreira, pero era un membro máis da directiva da asociación».Aquí era a onde quería chegar. En outubro de 2006 os ex compañeiros da directiva da comunidade contrataron (verba que non lle gusta usar ao presidente, prefire dicir, encargáronlle) a dous veciños xubilados para que cortasen eucaliptos para leña e repartila gratis entre os comuneiros. Aclarar que non había para todos, pero das arcas da comunidade saíron os cartos para pagarlle os xornais. Outra verba que non lle gusta usar e prefire dicir que os "compensaron". Aclarar que sobre este traballo houbo unha presunta denuncia anónima e segundo comentaron na pasada asemblea, o organismo competente arquivouna dándolles a razón na forma de proceder (sic).
Aínda que nesa data era o secretario, descoñezo o custo, xa que non vin facturas, nin na xestoría como xa dixen, teñen coñecemento do pago.
Supoño que baseándose en esa suposta "autorización" a contratar desa forma, volveron a facelo mesmo encargándolle a outro comuneiro plantar pinos sen cobertura legal e supoño que tamén o "compensarían". Na asemblea Xeral do 3 de maio lle preguntei ao secretario:
Quen plantou os pinos no monte? A quen lle destes o traballo?Pero só recibín a calada por resposta e a pesar de que as preguntas foron feitas no punto de rogos e preguntas, non recolleu nada, tal vez porque desta forma evitan que haxa constancia desta nova contratación irregular.
A Xustiza e as autoridades mentres non pasa nada están aí aletargadas, non esquezamos que nas procesións ían as autoridades da militares e civís e nunca dixeron nada. Coas carrilanas pasaba outro tanto, que mesmo foi declarada de interese turístico galego no 2000, pero os xuíces non dubidaron en castigar aos menos culpables.
No noso caso é o mesmo, mentres non pase nada aí seguiran contratando a amigos desa forma, pero o día que pase, seremos todos culpables e cando digo todos, refírome que tódolos comuneiros como responsables civís subsidiarios teremos que facer fronte as posibles indemnizacións cos nosos cartos, caso de que na comunidade non haxa fondos, independentemente de que os directivos, teñan outro castigo.
A Comunidade aínda que só sexa por un día, por Lei debe contratar a unha persoa con tódolos requisitos legais e dubido moito que haxa ese informe favorable que aduce a directiva, se non, non entendo porque noutra ocasión e cando a directiva estaba dirixida por xente sen afiliación política fomos sancionados, cando nese caso foran os propios comuneiros os que aprobaran os traballos.
Por outra parte, tamén deberiamos ter un seguro de responsabilidade civil subsidiario, algo que dixen no seu día e foi outro tema que non interesou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario