"Homines amplius oculis quam auribus credunt"
Señor secretario, desculpe por dirixirme a vostede por este medio pero é que se isto llo dixera na pasada asemblea, ao igual que vén sucedendo dende que tomou posición do cargo, non ía constar en acta. Vou obviar tódalas intervencións que fixen na asemblea do 17 de maio que non fixo constar en acta, salvo cando dei lectura ao parágrafo que remarco aquí en verde.
Dita lectura fíxena obrigado polas circunstancias e porque descoñecían a que artigo me refería cando protestei o 3 de maio por non actualizalo censo de comuneiros en xaneiro. Censurarme totalmente esa intervención obedece única e exclusivamente a que os comuneiros non saiban a verdade e porque vostedes xogan con que seis meses despois de celebrarse as asembleas, ninguén se lembra do que alí se falou.
Aí temos unha explicación do porque agora non expoñen as actas como facía eu, non interesa que os que comuneiros se dean conta do doado que é falsificalas. Pola miña parte non vou recorrer ao "teatro" que fan algúns edís nacionalistas presentándose nos nos plenos cunha mordaza, simplemente non volverei a intervir nas asembleas mentres os comuneiros nos teñamos voz, voto e sexamos os que dirixamos o destino da comunidade, tal e como acontece en Darbo.
Por certo, non quedaron de volver a expolas despois da intervención do comuneiro J.M.? Porque motivo aínda non esta? Non só se deben expor, se non que, ademais na primeira asemblea que se celebra débese dar conta dos acordos adoptados pola Xunta Reitora aos comuneiros, algo que tampouco se fai. Vese que o señor presidente despois de chamar a moitas portas e recibir negativas, dou con alguén coas "suficientes barbas" para levarlle a secretaría.
Xa afastándome do tema, o que me máis me sorprendeu na súa primeira asemblea coma secretario, foi dicirme que non estaba de acordo que se gravasen as asembleas para redactalas actas. Estrañoume, e moito, porque nos dous anos que estiven de secretario e vostede de vogal, nunca dixo nada. Auga pasada non move muíños, pero tamén podería dicir que mentres uns comuneiros tentaban defendela comunidade nas asembleas, outros só acudían a elas cando ían para pillar unha axuda.
Mire a diferenza que hai entre redactalas gravándoas ou non, e expolas. Grazas a esas gravacións que tanto parece que lle molestan agora, puiden amosarlle aos comuneiros de Resúa quen fora os que trataron de enganalos. Como ben sabe, a raíz dunhas infortunadas intervencións do presidente na súa contra nunha reunión da xunta reitora, que fixen constar en acta, pedíronlle as oportunas explicacións ao léela.
Lembra como seguiu o conto? Para negalos feitos achegouse á taberna da aldea na compaña do vicepresidente, tesoureiro e o garda forestal coma testemuñas (non sei que pintaba, xa que non é comuneiro nin estivera na asemblea).
Poñer verbas en boca dos comuneiros que non se dixeron aconteceu noutra lexislatura, eu xamais o fixen, aínda que si se me pediu non reflectir algunhas intervencións. Como nese caso tiña a conciencia tranquila e xa por Resúa corrían algunhas críticas na miña contra (antes de escoitarme), vinme na obriga de amosarlle as probas. Os alí presentes escoitaron o que dixera o presidente e máis o tesoureiro, respecto a outro comentario que fixera contra os anteriores párrocos.
Ao final e como lembrará, víronse obrigados a pedirlles perdón aos veciños, iso si, aducindo que non quixeron dicir o que dixeron, pero, que acontecería se non dispuxese desa gravación?
Só me queda dicirlle que o noso coeficiente intelectual non da para escribir o que aparentemente redactou na acta. Coma veciño e compañeiro de escola, non esperaba iso de vostede e lembre, o cargo non significan que un teña máis dereitos que o resto de comuneiros.
PD. "Os homes dan maior creto ao que ven que ao que escoitan" (Lucio Anneo Séneca).

No hay comentarios:
Publicar un comentario