Fai uns días atopeime con José M., o comuneiro que na asemblea celebrada o 22 de decembro solicitou a exposición publica das actas e preguntoume de que valeu a súa intervención, se os directivos non amosan o menor interese en cumprir co seu deber.
A verdade é que é difícil de explicar esa negativa a acatalo acordo asembleario, salvo que sexa como xa dixen, para "silenciar" as intervencións que non lles gustan. Outra cousa non se entende.
Durante o meu corto período ao fronte da secretaria, puxen o meu equipo informático ao servizo da comunidade (solicitara á Deputación unha subvención para compralo, pero devolverana sen comunicarmo) para poder informar polo miúdo e puntualmente aos comuneiros e comuneiras do que acontecía, para iso me había presentado e acataba vellas reclamacións miñas na oposición. Agora que teñen un equipo informático propio é cando menos informan.
En San Pedro de Muro celebraron o sábado de entroido a súa asemblea ordinaria e xa tódolos comuneiros e comuneiras asistentes ou non, son sabedores do resumos do que alí se debateu e aprobou, e se alguén quere impugnar algún acordo está en tempo e prazo, nós, non.
Lémbrolle señores directivos (algúns sei que me leen) que hoxe cúmprense 3 meses dende que celebramos a asemblea e tiveron tempo dabondo para acatalos acordos asemblearios. Seguimos agardando, iso si, sentados, porque de pe seguro que non aguantamos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario