Este mes fai cinco anos que se me pediu por activa e por pasiva que tratase de buscar unha solución á desfeita comunal e que propuxera nas eleccións dese ano a miña candidatura. Tras varias reunións e con moitas reticencias (é de sobra coñecido como despois me expulsaron), decidín da-lo paso á última hora. Obvio as conversas que mantiven coa primeira persoa que veu ao meu encontro, xa que el non tivo culpa do que pasou, pero o que non podo calar son algúns dos acordos que habíamos pactado antes de presentarnos aos comuneiros.
Eludindo os que me afectan persoalmente e outros de menor peso, relatarei dous que motivan este post. O primeiro era reformalos estatutos (seguimos cos mesmos, aínda que o presidente cando trata de eludir responsabilidades di que non serven para nada) e outro, ser un libro aberto e transparente cos comuneiros e comuneiras. Cometín dous erros, aceptar e buscala xente para presentala candidatura e non asinar nun documento o pacto. As verbas lévaas o vento, cando non se trata con persoas.
Como xa relatei noutros post, mentres estiven ao fronte da secretaria e antes de 48 horas, expoñía no taboleiro de anuncios toda información que me chegaba dos organismos oficiais e notas, que pola miña conta ía recollendo nas distintas reunións que mantiñamos na Xunta, no Concello, na asemblea da Organización Galega de Comunidades de Montes ou da Mancomunidade do Barbanza e antes dunha semana, expoñía as actas.
Hoxe nada diso se cumpre, todo o contrario do que pasa na comunidade veciña de San Pedro de Muro, tal e como poden comprobar no enlace que adxunto. Nel podemos ver como teñen programadas tres asembleas xerais ordinarias anuais, porque creen que resulta imprescindible que a xunta reitora renda contas da súa xestión e representación de xeito periódico aos comuneiros e comuneiras.
Xusto o contrario do que pasa aquí. Os nosos estatutos só obrigan a ter unha anual e ben que no-lo lembra o presidente, dicíndonos que non esta obrigado a ter máis. Non mente nada, só el ten a potestade de convocalas extraordinarias ou que os comuneiros recollan sinaturas. Claro que tamén despois depende da súa vontade, xa que non seria o primeiro que se negase a convocala.
Tamén din os directivos de Muro, que as asembleas son ademais, unha canle para recoller as demandas e necesidades existentes na parroquia, e que-lles queren dar un formato participativo e democrático, deixando espazos propios para que a xente opine, fale, discuta.
As nosas só serven para escoitar, ver, calar e asentir ao que fixeron, aínda que non pasase ou fose aprobado en ningunha asemblea, o que me fai lembrar aos tempos escuros do finado de O Ferrol.
E por último, que como medida de transparencia do traballo realizado, colgan tódalas ordes do día e resumos asemblearios na bitácora da comunidade de montes (sanpedro.blogaliza.org), para que poidan ser consultados en calquera momento e por calquera persoa interesada.
Todo un exemplo de claridade, transparencia e de respectos aos comuneiros e comuneiras que en Nebra non nos vería nada mal.
Piquen sobre o documento se desexan coñecela excelente labor que ben realizando este equipo dende que tomou as rendas desa comunidade.
PLAN DE ACCIÓN 2010

No hay comentarios:
Publicar un comentario