Toca falar da Comunidade de Montes de Frontón (Pantón), na que presuntamente os directivos tamén pretendían facelo que-lles petase, aínda que alí os comuneiros optaron por pararlles os pes.
O conflito creouse ao asinar os directivos, agora cesados, unha cesión para un centro de recría, aínda que a noticia non di se pasou pola asemblea xeral ou non. Se non foi aprobada polos comuneiros, seria ilegal, xa que tiña que ser remitida á Xunta de Galicia, axuntando copia autentica da acta onde tomaran o acordo.
Os integrantes da xunta reitora cesada en ningún momento din que o sometesen, só falan de que están convencidos de que o proxecto está ben asentado, non corre perigo e que os veciños que se opoñen non terían nada que facer fronte a un contrato asinado con todas as da lei e con vinte anos de vixencia.
Así tamén dicían aquí un exdirectivos cando descubrimos que asinaran un documento ante notario onde se poñían como titulares do solar onde temos o local e despois de haber retirado das contas comunais 851.000 ptas para compralo, 200.000 para Rexistralo no seu nome, 9.000 en gastos de notario e máis de 25.000 para en dietas. Para nós os gastos, para eles o ben.
Retomando a noticia, a presidenta cree poder chegar a un acordo coa empresa aceptable para as dúas partes, aínda que di que lles terían que reabrilos camiños que lles pecharon. Agardo que teñan máis sorte que a que correron aquí uns comuneiros que viron como a directiva lles cortou a entrada as súas propiedades, para facer un peche gandeiro, e así seguen.
Podo entender que calen ante o que está pasando ou que non queiran loitar polos bens comunais, pero que cedan ante ese atropelo, non o entendo. Lémbrolles que quen denunciou iso, incluso foi un comuneiro non afectado.
Toda información nestas ligazóns:
O Xulgado decidirá quen controla a xunta de Frontón
Un acordo a cambio de reabrir camiños que foron pechados

No hay comentarios:
Publicar un comentario