Medio Rural prohibe as queimas a partir do próximo luns e ata novo aviso debido á previsión meteorolóxica adversa.
Agárdase forte vento do nordés.
Ante as previsións meteorolóxicas que se agardan para o vindeiro luns 3 de maio, con forte vento do nordés, a Consellería do Medio Rural decidiu prohibir a realización de queimas nos montes galegos ata novo aviso.
Deste xeito, queda totalmente prohibido a partir do luns levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería. Aquelas persoas que teñan un permiso de queima concedido para antes do luns 3 de maio poderán utilizalo sempre e cando as condicións meteorolóxicas sexan axeitadas.
Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas agardadas para os vindeiros días.

Baixo as ligazóns falan do monte, teñen un enlace directo coas notas de prensa diarias da Consellería do Medio Rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario