Hoxe as oito do serán teremos unha nova asemblea e se fosen minimamente democráticas, estaría preparando as miñas preguntas, rogos ou propostas, pero como nada diso se da, paso de romperme os miolos. Xa teño dabondo aquí.
Xa obviando moitas outras preguntas, que nin sequera se recolleron en acta a pesar de ser feitas por escrito, a día de hoxe non recibín resposta a única pregunta que fixen en Novembro, sobre o nomeamento dun vogal e por descontado do resto, xa que ao contrario que nas anteriores lexislaturas, esta vez non foron elixidos democraticamente nunha asemblea xeral. E xa obvio que legalmente só pode haber un vocal por aldea e que cada aldea debería contar con un. Bola que xa me meteron sendo secretario.
A pesar de que é unha asemblea ordinaria, a máis importante do ano, aquí non se estuda buscar formas de xestións viables para o monte, e todos sabemos que as subvencións pouco a pouco iran tocando fondo e xa o di o refrán: Hasta a folliña d'o millo sabe tamén picardía, garda o orvallo d'a noite, para beber po-l-o día.
Todo o contrario do que intentou nos dous anos que estivo ao fronte da Comunidade José Olveira Calo (q.e.p.d) que nos deixou este Souto na aldea de A Belga, a pesar de tódolos atrancos que-lle puxeron os seus propios compañeiro e un grupo de comuneiros. Pero todo isto non vale de nada se non se fai un seguimento, como seria podalos mentres non estean totalmente formados.
Nel, nunha pequena carballeira e na plantación de pinos que poden ver na reportaxe, gastáronse fondos comunitarios cos peches gandeiros dos que non se está facendo un aproveitamento, como sería cedelos nunha asemblea a algún gandeiro ou a comunidade estudala forma de facerse con animais como están facendo outras. Deste modo manteríamos o mato á raía e quizais se puidesen crear postos de traballo. Non sei, todo sería cousa de ir a comprobar como funcionan, copialos ou tratar de melloralo sistema.
Os charlatáns tiveron o seu apoxeo no Oeste, pero hoxe cumpre algo máis que verbas máis ou menos bonitas, e mandar escritos sen vir a conto aos comuneiros e comuneiras. Nebra ten preto de 1000 Has. e onde non hai presenza de animais o mato "come" aos arbores e como non se faga algo así, vamos de cu, pero iso si, o que non se pode facer son peches para facerlle favores a amigos como xa sucedeu e denunciei. E supoño que aquí pasou algo parecido, porque detectei restos da presenza de cabalos e agora, entendo porque un día un comuneiro me informou que hasta alí se achegaba o coche da Comunidade co deposito cargado de auga. Aquí non hai bebedeiros naturais.
Exemplos para tratar de copiar doutras comunidades temos abondos, todo é querer implicarse ou mirar como pasan os días e os nosos fondos van tocando fondo, sen habernos preparado para o futuro.
O Monte Cabalar da Estrada convértese en granxa
Gando contra o lume
Vacas cachenas no monte de Lira
Comuneiros de alma ecoloxista

Souto de A Belga |
No hay comentarios:
Publicar un comentario