Onte saía publicada a noticia de que toda a comarca está considerada de alto risco de incendios forestais. Preocupado por esta lacra moito antes de ser incluso comuneiro e por suposto, directivo, lin con suma atención toda información quedándome abraiado cando cheguei ao seu remate:
«Durante os meses de inverno, os equipos de supervisión encargáronse de comprobar que os puntos de captación de auga e os camiños estivesen correctamente».Teño que dicilo porque o vivín, son algo escéptico en canto a utilidade destes pozos cando o lume toma dimensións desproporcionadas e sobre todo, e iso é o máis importante, cando fallan os medios terrestres ou aéreos como pasou no ano 2006. Como se pode ver nas imaxes que aporto máis abaixo, aquí as chamas pasaron de largo polo pozo recen feito na ladeira do Iroite e polos que tiñamos na Cova dos Lobos, no Goviño i este en Xamiñón, por non falar do que está na Serra para os helicópteros.
Este escepticismos é se acaso maior ao descubrir incrédulo que a noticia non é de todo veraz, e coma proba achego a foto tomada expresamente o pasado día 9, ao decatarme que a tubaria non botaba auga. Agrandando a imaxe poden comprobalo mellor.
Só agardo que a información con respecto aos demais pozos sexa máis veraz e que os nosos directivos, que son os que máis deberían velar por estas cousas, para iso nos presentamos voluntariamente, use o coche da comunidade para prestarlle máis servizo ao monte, para iso se comprou, que para telo aparcado nos bares.
Relacionado coa noticia: Douscentos veciños farán traballos preventivos
Pozo de Iroite, antes e despois
Pozo do Goviño, antes e despois
No hay comentarios:
Publicar un comentario