Mentres algunhas xuntas reitoras tentan facelas cousas o mellor posible, outras pasan dos requisitos esencias e primordiais de xestión nas súas comunidades. Á vista do rexeitamento, mesmo con sabotaxes, que un grupo de comuneiros de Trabanca Sardiñeira efectuou contra un proxecto que tiña pensado levar a cabo a súa xa ex xunta reitora, podo afirmar con total rotundidade que aquí isto non pasaría, vendo como se seguen facendo cousas sen ser presentadas a asemblea xeral para o seu debate, aprobación ou rexeitamento. Mentres no banco haxa cartos, funcionase así, sobre a marcha e sen preocuparse do futuro, incluso pasando por riba dos vocais, que sabendo de primeira man o que esta acontecendo, prefiren mirar para outro lado, pero pasándome información (sic).
A tesoureira da xunta directiva da comunidade de montes de Trabanca Sardiñeira, que presentou a súa dimisión en bloque na asemblea celebrada o domingo, decidiu acudir ao notario para que certifique a entrega efectiva de toda a documentación e balance de contas. Na reunión do documento pretendeu entregar fotocopias compulsadas da documentación, pero estas foron rexeitadas pola nova xestora.
Dadas as tensas relacións existentes en Trabanca Sardiñeira a raíz do proxecto que quería levar a cabo a directiva saínte para os montes comunais, a tesoureira optou cumprir estritamente a legalidade e acudir a notaría para que quede constancia oficial da entrega da documentación sobre a situación económica da comunidade de montes.
A directiva saínte presentou a súa dimisión ante a imposibilidade de levar a cabo o proxecto ambicioso de aproveitamento do monte que incluía un centro hípico para a cría de cabalos de raza galega, ademais dunha escola hípica e instalacións complementarias de tipo hostaleiro, que daría traballo aos veciños desta localidade vilagarciá. Chegaron a comprar cinco cabalos e a preparar as instalacións do centro hípico, pero atopáronse coa férrea oposición dun grupo de veciños, así como con diversas sabotaxes das instalacións mediante corte do peche onde estaban os animais.
A nova directiva, formada a través dunha xunta xestora que integran membros do sector crítico, deberá preparar a celebración de novas eleccións na comunidade de montes e facerse cargo do mantemento dos animais comunais mentres non se decida o novo proxecto para os montes de Trabanca Sardiñeira.
Segundo manifestaron os membros da xestora na reunión levada a cabo o pasado domingo no Auditorio, esperan que no prazo de quince ou vinte días poida celebrarse a nova asemblea para proceder á elección da nova xunta directiva.
A tesoureira saínte lamentou que non seguise adiante unha iniciativa que estaba destinada a xerar riqueza para os veciños da localidade e sinalou que a súa dimisión non só se limita á directiva, senón que tamén se deu de baixa da comunidade de montes.
"Fíxenme comuneira para levar adiante un proxecto interesante para todos, e como non o hai, retírome", declarou a tesoureira, quen espera recuperar a tranquilidade tras padecer situacións moi tensas.
Texto orixinal
No hay comentarios:
Publicar un comentario