Supoño que moitos comuneiros hoxe quedarían agradecidos porque levaron para si unha parte do que xa era seu, pero outros que pasamos destes agasallos?, asáltannos moitas dúbidas sobre o que verdadeiramente pasou co resto da terra e barro que se sacou da escavación. É un secreto a voces que presuntamente saíron camións de terra cara a Portosín e de barro, para as beirarrúas de Queiruga. Digo presuntamente, porque aínda que fotografara iso, legalmente non podo aseguralo, como tampouco que a empresa que efectúa os traballos lle manifestase a algúns comuneiros que a terra era súa (sic).
Como acontece demasiado acotío, os comuneiros para esta xunta reitora somos un cero a esquerda, xa que neste caso tampouco pasou polo trámite asembleario para a súa aprobación, o contrato que legalmente tivo que asinar o representante da comunidade, neste caso o presidente, co representante legal da empresa que efectúa os traballos, tal e como contemplan os Estatutos. Deste modo saberiamos que condicións se trataron e o que é máis importante, o custo real das obras antes de comezalas, porque acontece que xa é demasiado anormal que sobre a marcha se aumenten os gastos.
Dicir a todo isto, que agardo que non sexa verdade que algún directivo ou todos, extralimitándose nas súas funcións para o cargo, fosen quen de "agasallar" un ben común sen que fose aprobado previamente pola asemblea xeral . O campo das festas é de todos, non do equipo de goberno de quenda, e non esquezamos que para poder telo, saíu de tódolos que aportamos terreos para a parcelaria.

Artigo 8º.- Corresponde a Asemblea Xeral:A estas horas non sei se houbo terra para todos ou solos para os primeiros, pero coido que antes de facer este reparto, e moito antes, se foi certo que se levou terra e barro para fora da parroquia, que a comunidade ten unha pequena canteira para rehabilitar na Cabana. Zona na que por certo, tal e como se pode ver nas fotos, non sei se con autorización ou non, estase depositando todo tipo de materiais ao libre albedrío, e alguén ten que ver pasar eses tractores ou camións cargados.
- Aprobar o outorgamento de cesións, arrendamentos, plans de aproveitamento e toda clase de contratos con terceiros, así como a distribución de aproveitamentos, beneficios e cargas e a cantidade que dos rendementos económicos da comunidade debe reservarse para inversións en melloras e servizos do monte, que en ningún caso poderá ser inferior ao 15% de aqueles en virtude do disposto no Art. 23 da Lei 13/1989.
Dicir a todo isto, que agardo que non sexa verdade que algún directivo ou todos, extralimitándose nas súas funcións para o cargo, fosen quen de "agasallar" un ben común sen que fose aprobado previamente pola asemblea xeral . O campo das festas é de todos, non do equipo de goberno de quenda, e non esquezamos que para poder telo, saíu de tódolos que aportamos terreos para a parcelaria.
Campo das festas |
1 comentario:
Por si no lo sabias, algún que otro vocal mucho antes de poner el papel ya llevó material para su propiedad.
En Nebra el que no corre vuela y ahora poco a poco se entiende su cómplice silencio ante lo que esta haciendo el presidente y sus compañeros.
Nebra siempre fue tierra de caciques y ahora, los tenemos de nuevo cuño.
Publicar un comentario