Cando unha xunta reitora por medio do seu secretario «se ve na obrigación de manipulalas actas», pode obedecer a moitas causas, a principal, para min, é que tentan valerse da pouca memoria dos comuneiros e comuneiras que pasan de implicarse cando presuntamente xorde un problema na comunidade, e por iso botan man deste refrán que lle teño escoitado a meu avó «onde falan papeis calan barbas»; aínda que miña avoa era máis prudente e clara: «os papeis aguantan do que lle poñen».
Se un comuneiro ou comuneira toma a palabra nunha asemblea, o «máis normal» é que quede constancia da súa intervención na acta, ben sexa dun xeito resumido ou textualmente. Cando se censura integramente a súa intervención é unha forma que teñen de agochala súa debilidade, e cando lles imputan palabras que non dixeron, xa entramos en temas peliagudos.
Na nosa comunidade houbo un tempo no que as actas para nada refregaban o que alí debatiamos, chegando os directivos en varias ocasións a imputarnos a tres comuneiros «un por desgracia xa non esta entre nós» graves insultos na súa contra, que por suposto xamais pronunciamos. Tan só unha semana despois dos máis graves que ousaron imputarnos, convocaron aos desmemoriados vogais para denunciarnos, acadando o seu obxectivo.
O malo é que unha cousa foi «engaiolar aos vogais», salvo un, e dúas que se abstiveron, e outra sería convencer a un xuíz, por moito que na acta escribisen o que lles petou. Boa proba dilo é que xamais interpuxeron a denuncia, aínda que ao avogado si que-lle pagaron 100.000 das antigas pesetas con fondos comunitarios para denunciarnos.
Un dos meus obxectivos cando acadei o cargo de secretario, foi gravalas asemblea para que non se repetisen eses feitos e outro, entre moitos, propor un punto nunha orde do día solicitando a anulación dos comentarios desa acta, para que as vindeiras xeracións saiban que nin nós fomos tan malos, nin eles tan bos, e por suposto, que o meu nome non estea asociado a ese grave insulto, e de ser posible, que a comunidade recuperase esa cantidade.
Dado que os ex-compañeiros nesa época convulsa «viron os touros dende a barreira», non atopei o seu apoio, porque non lles interesa que recupere a miña honorabilidade ante parte da comunidade que aínda non o acadei. Mesmo algún vogal, que curiosamente nesa época xa o era, dixo que non estaba pola labor de remexer no pasado. Algo normal se pensamos que o seu bo nome non esta involucrado, e de aclararse todo, dalgunha forma tería que desculparse ante todos.
O que non agardaba era que de novo as actas volvesen a ser un fiel reflexo deses tempos, sobre todo cando algunha vez tentei intervir nas asembleas dende a miña expulsión, víndose a xunta reitora de novo «obrigada» a censurar as miñas verbas, non vaia a ser que os comuneiros algún día se decaten de novo quen tiña a razón. Por iso aplican este outro refrán: As palabras lévaas o vento.
Por suposto que a presunta manipulación ou falsificación de actas non é exclusivo da nosa comunidade. Vexan se non aquí, esta vella carta ao director dun comuneiro.

Por alusiones hacia mí persona, permítanme señores de la junta rectora de Montes de Baredo informarles, ya que me cuesta creer que sepan, que cuando se levanta una acta debe constar en la misma todo lo que acontece en la asamblea de propietarios, y no lo que a la junta rectora le interesa que conste. El acta del 13 de febrero no ha sido aprobada por unanimidad ya que había sido impugnada por varios comuneros entre ellos yo. También se dice en acta que José Ferreira ha insultado a varios comuneros, Sres. directivos quiero informarles que eso no es mi perfil, lo he demostrado durante casi 5 años como presidente y me pregunto cuál es el motivo de que conste en acta el insultante, según ustedes, y no los insultados, o es que no les interesa a ustedes que los insultados salgan a la luz. Yo no he insultado a ningún comunero, simplemente he dicho cuatro verdades a los dos ex-presidentes al frente de la comunidad entre 1990 y 1997. Yo les he llamado a ustedes por varias veces sinvergüenzas e irresponsables, y sin embargo esto no consta en acta. Tal vez ustedes estaban reconociendo que estaba en mis derechos, y con respecto al comunero Telmo Martínez les diré que no me arrepiento de nada de lo dicho, ya que lo dicho consta en acta y en el libro de las cuentas de la comunidad de montes y les diré que dicho señor no era miembro de la junta rectora como ustedes hacen constar. Quiero comunicar a los comuneros que he solicitado mi baja como tal ante la asamblea general el 13 de febrero del presente año, pero la presidenta me informa que no me dará de baja hasta que lo haga por escrito.
José Ferreira Carrero - Baredo (Baiona)
No hay comentarios:
Publicar un comentario