Crónica de Sara Ares corresponsal de La Voz de Galicia en O Son, dunha das tantas reunións ás que me tocou acudir en calidade de secretario da comunidade á Consellería do Medio Rural.
Como acontece a maioría de veces cos políticos, boas palabras pero moi poucas solucións. Como se foi vendo ao longo do tempo, o gando seguiu campando ás súas anchas nas nosas plantacións e iso que tiñamos un garda privado, que non daba feito porque levaba máis comunidades.
Varias veces tiven que chamalo para que procedese a expulsalos e aínda que tomaba datos dos animais para denunciar aos gandeiros, xamais vimos unha resolución desas multas. Denuncias que xa viña cursando no goberno do PP, pero debía ser tan grande o caixón, que as emitidas na etapa do bipartito tiveron o mesmo destino.
Meses despois da reunión, como ben saben, o Barbanza foi pasto do lume e nos meus paseos polo monte teño visto igualmente animais pastando en zona queimadas, e tampouco escoitei de que se impuxesen sancións, polo menos nos montes de Nebra.
A día de hoxe tamén descoñezo se fixeron o censo prometido da cabana cabalar, se os sanearon, ou se-lle implantaron os microchip, para o cal coido que rematou fai uns días a subvención.

A Xunta planea destinar unha unidade policial a vixiar a serra de BarbanzaAs fotos de hoxe amosan dúas zonas que eran escombreiras e foran rexeneradas por Medio Rural na etapa do bipartito, en virtude do acordo que asinaramos algunhas comunidades cos gandeiros perante o goberno do PP. Por falta de vixilancia e por culpa do incivismo da xente e dalgúns empresarios sen escrúpulos, leva o camiño de antano. O malo é que hai máis zonas.
Unha das misións consistirá en velar polo cumprimento da lei en materia de pastoreo
As cercas instaladas para o gando sufriron reiterados desfeitas nos últimos meses
A Consellería do Medio Rural estuda a posibilidade de pór en marcha unha policía forestal destinada especificamente aos montes que conforman a serra de Barbanza, que se encargaría de velar polo cumprimento da lei en materia de pastoreo, plantacións e prohibición de usos en zonas queimadas, entre outras funcións. Esa é, polo menos, a idea que lle trasladaron recentemente algúns responsables do departamento que dirixe Suárez Canal a colectivos de comuneiros da zona.
O certo é que a medida, en caso de prosperar, podería supor o punto final a moitos dos problemas que arrastran os bosques da comarca desde hai tempo. Un dos que máis preocupa é o que ten que ver co libre pastoreo de reses mostrencas.
A Xunta habilitou no seu día na parte máis alta da serra barbancesa uns peches para que puidesen pastar dentro deles as cabezas de gando e evitar así que causasen desfeitas nas plantacións dos comuneiros. Con todo, nos últimos meses, estas cercas foron branco de reiterados actos vandálicos, desfeitas consistentes en postes derrubados e aramados cortados, que están a ser reparados agora.
Reunión en Montes
Sobre o tema do gando, os incendios do verán e outras moitas cuestións falaron representantes da mancomunidade forestal Serra do Barbanza co director xeral de Montes, Alberte Branco, co que se reuniron hai días. A próxima semana sentarán co titular de Medio Rural.
O presidente en funcións de Serra do Barbanza, Carlos Peón, mostrouse satisfeito pola disposición que, ao seu xuízo, está a mostrar a Xunta con vistas a volver xuntar a comuneiros e gandeiros para tratar de chegar a acordos que satisfagan a todos. En opinión do directivo, o Goberno está polo labor de retomar as negociacións en torno ao plan de pastoreo e a ordenación dos usos forestais.
Peón cre que a política que pretende desenvolver Medio Rural vai resultar efectiva para acabar cos problemas que xera o gando en liberdade: «A Administración vai impoñer sancións aos gandeiros que non respecten as zonas vedadas ao pastoreo e vailles esixir que xustifiquen hectáreas para poder cobrar axudas dá UE».
No hay comentarios:
Publicar un comentario