Curiosa ordenanza na que se prohibe entre outras cousas, plantar toxos, xestas ou fieitos. Na miña supina ignorancia sempre coidei que estas plantas dábanse elas solas, que eran tan autóctonas coma os nosos carballos e moi beneficiosas, xa que a primeira serve de alimento á cabana cabalar, coa súa descomposición no propio monte producen humus e ademais, serven de refuxio a moitos animais. Sen falar do seu aproveitamento agrícola.
O resto de limitacións tampouco teñen desperdicio e por iso me asalta unha dúbida, debemos tratar aos nosos montes, coma o que son, montes, ou facer deles un xardín?
O resto de limitacións tampouco teñen desperdicio e por iso me asalta unha dúbida, debemos tratar aos nosos montes, coma o que son, montes, ou facer deles un xardín?
O Concello de Meis aprobou unha ordenanza para previr os incendios forestais que obrigará a todos os propietarios de monte -tanto aos particulares como ás comunidades de veciños, e mesmo aos que teñan parcelas alugadas- a cumprir unha serie de requisitos.
Un dos artigos da ordenanza prohibe expresamente repoboar o monte con especies non autóctonas, como o piñeiro ou o eucalipto. Segundo esta ordenanza, ninguén poderá plantar un só exemplar destas especies nas zonas de monte de Meis -tamén aparecen como prohibidos a mimosa, a acacia negra, e especies arbustivas como o toxo, a xesta ou o fento- e calquera repoboación que se vaia a acometer terá que ser con árbores autóctonas, como o carballo, o castiñeiro ou o salgueiro.
Haberá que ver como se toman os veciños de Meis esta medida, xa que supón a prohibición de plantar dúas das especies de crecemento máis rápido -e por tanto de maior rendibilidade económica a curto e medio prazo-, como son o piñeiro ou o eucalipto. A cambio, trátase dunha medida que os colectivos ecoloxistas levan demandando desde hai tempo, pois as zonas con árbores autóctonas son moito menos vulnerables aos incendios forestais.
As persoas ou comunidades que planten un exemplar dunha destas especies prohibidas a partir de agora -a ordenanza entrou onte en vigor, tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia- exponse a unha sanción económica que mesmo podería chegar aos 15.000 euros, posto que se trata dunha infracción que está considerada como moi grave no texto da ordenanza municipal.
Outra das obrigacións que figuran nesta ordenanza é que as comunidades de montes deberán dispor duns equipos de reténs formados por voluntarios -que patrullarán o monte, en grupos nunca inferiores a sete acodes, debendo informar de calquera infracción que observen-. Engade o texto da ordenanza que -no caso de que ao Concello non lle conste ningún informe no sentido expresado e prodúzase un incendio, será responsable deste a comunidade de montes onde se orixinou-.
Prohibido fumar
A ordenanza estivo a exposición pública e non se presentou ningunha alegación. Outra das normas que contempla é a prohibición expresa de acender lumes, fumar, manipular motoserras ou grupos electróxenos entre os meses de maio a setembro. Durante o resto do ano fai falta pedir permiso ao Concello se se necesita traballar con maquinaria no monte.
Outras prohibicións afectan os cazadores, que non poderán usar cartuchos provistos de tacos de papel. Tampouco se permite a acampada de persoas nin de vehículos, e considérase unha infracción moi grave tirar no monte cabichas, cristais ou lanzar fogos artificiais.
Ademais, os propietarios do monte quedan obrigados a telo limpo e rozado, e a eliminar nun prazo máximo de 20 días calquera vertedoiro incontrolado que sexa localizado nunha parcela súa. Ademais, os propietarios deberán entregar no Concello antes de xuño uns planos detallados das súas parcelas, nos que se fagan constar os camiños, arroios, cisternas... e as vivendas e naves situadas xunto ao monte deberán ter dispositivos mata-chamas.
Texto en castelán
1 comentario:
Lex Iniusta Non Est Lex, dicían os clásicos.
Neste caso non é inxusta: é unha parvada redactada por algún necio. Non nos estrana que non presentara alegacións ninguén: que lle vas respostar a un tipo que non sabe que o toxo sae espontáneo? é que nunca saíu do despacho e foi ao monte? Xa sabes Paco, que España é dos países onde máis se lexisla e onde menos se cumpren esas leis que tanto escriben (fíxate como é a cousa que hai leis do franquismo que aínda valen porque ninguén se ocupou de derogalas e facelas novas).
Publicar un comentario