lunes, 17 de enero de 2011

Era preciso?

Supoño que quen ordenou a tala destes árbores tería as súas boas razóns para facelo, pero os que levamos toda vida véndoos aí orgullosos e cobizarnos á súa sombra cada 9 de setembro, na romaría da Virxe do Loreto, botarémolos en falta na próxima, e sobre todo, ve-los agromar de novo na primavera.

Ao contrario do que acontece co alcalde de Poio e a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio, ligazón que poden ver máis abaixo, non son quen de protestar por unha tala privada, xa que supoño que pertence ao iglesario de San Vicente de Noal, outra cousa é que fosen públicos. Só lamento que non se tivese un pouco máis de consideración con algunha das árbores.


Imaxes que xa non se volveran a repetir en moitos anos


La tala de A Escusa enfrenta al alcalde con los comuneros
A tala que levou a cabo a Comunidade de Montes de San Xoán de Poio no merendeiro da Escusa está a causar unha enorme polémica no municipio. Mentres os comuneiros defenden a actuación ao recordar que as árbores que se cortaron estaban enfermos, numerosos veciños, e o alcalde, Luciano Sobral (BNG), aseguran que o tamaño da tala foi excesivo ...

Fóronse as árbores

Plantar tódalas árbores
e escribir tódolos libros
mover con mans de vento
as follas de árbores e libros;
buscar as orixes do libro
na luz do pensamento,
e as raíces das árbores
nos desexos e entrañas
da ardente terra.

As árbores caen a diario
como follas do calendario,
como as pantasmas vanse,
desaparecen cada instante;
as montañas cada día
mostran a súa árida testa,
como cabeza que a diario
o pelo vai perdendo.

As árbores fóronse:
cos bicos do vento,
leváronllos os paxaros
escondidos nos seus niños;
e con eles fóronse
a brisa, o sereno e o rocío,
as bolboretas e as súas cores,
as sombras e as choivas.

O mundo mostra a súa árida
e abatida orografía;
as árbores fóronse,
leváronllos as orquídeas,
para que os namorados,
non escriban os seus nomes,
e os días non se mezan
na randeeira das súas ramas.

As árbores desapareceron:
coméronos as termitas,
para que o fío da machada
non lles corte nin abra a carne;
para que non o cernen
os dentes de afiadas serras;
para que ao final non sexan leña,
ou carbón que arda en anafre.

As árbores fóronse:
nos raios do sol
e hálitos da lúa;
para que non os consuman,
nin os bicos das fogueiras
ou o lume dos incendios,
para que non ardan e escorrenten
o frío polas noites de inverno;
nin as caricias sexan máis ardentes
polo lume na cheminea.

As árbores fóronse:
coas crecentes dos ríos,
tragáronllos os terremotos
e os tsunamis do mundo;
para que non os afoguen,
o asfalto, rúas e camiños,
para non ouvilos gritar ao
caer como os tronos do ceo.

As árbores fóronse:
no trineo de Santa Claus;
para que os nenos non aprendan
a cortalos para o nadal,
iluminalos, admiralos, gozalos,
ver ao seu lado o nacemento,
e sentir regresar a paz
coa Noiteboa;
para que a casa non teña
o aroma do bosque ,
para que en xaneiro,
aínda fresco e respirando,
non o tiren nin esquezan.

As árbores fóronse:
leváronllos
a calor e o frío,
as pragas e a súa fame,
o pico do paxaro carpinteiro;
e evitar que os magoen ou firan,
mans, cerrote e cravos,
non sexan unha dolorosa cruz,
nin tomen a forma de cadaleito.

Autor descoñecido

No hay comentarios: