lunes, 31 de enero de 2011

Onde está a diferenza?

Desfachatez eólica Tripartita no Courel (PP, PSOE, BNG)
Nota de prensa de SOS Courel

Xaneiro 30th, 2009
Ante a inminente instalación do parque Eólico do Oribio, no espazo natural Ancares-Courel, en plena Rede Natura 2000, e no territorio Histórico do Camiño de Santiago, Dog 19 de xuño de 2007, non temos máis reme dio que denunciar de novo a desfachatez dos tres partidos parlamentarios, que se poñen de acordo sempre que se trata de destruír o Courel de xeito miserable.

A maiores podemos ver no anuncio anterior como se declara a compatibilidade con varias futuras concesións mineiras no mesmo espacio, afectando tamén a Rede Natura. Esta é parte da “Marabunda ambiental” na que están sumindo ao Courel, mentres se anuncia e apraza unha e outra vez o Parque Natural.

O eólico, enclavado entre Samos, Triacastela e Folgoso do Courel, no medio da mellor terra para gando vacún de carne de toda a Galiza, devaluará definitivamente a “etiqueta” deste produto e as propiedades dos veciños das aldeas afectadas

Este Parque E, instalarase a 2 quilómetro das terras de Teixeira do Courel, a aldea natal do alcalde de Folgoso do Courel, que supoñemos estará informado, aínda que non presentou alegacións.

Os viraventos xirarán a 1600 metros de altitude, e serán visibles dende Astorga ata o Pico Sacro. Os muíños coroaran a ” Devesa do Oribio” o mellor bosque de todo o Camiño de Santiago

A Declaración de Impacto Ambiental, foi aprobada polo Bipartito o 12 de agosto de 2005 e publicada no DOG de 16/11/2005

Detalles “graciosos” do documento anterior:

1.- Na pax. 6
3.- CONDICIÓNS ESPECÍFICAS

3.1. Sobre a integración paisaxística

1. Co fin de compensar a incidencia visual do parque eólico, adoptaranse as medidas compensatorias propostas polo promotor e consensuadas coa Dirección Xeral de Turismo, destacando as relativas ao pintado das torres dos aeroxeradores con motivos do Camiño de Santiago, implantación de pantallas vexetais naqueles puntos onde teña lugar o impacto visual da obra proxectada e adecuación dunha sala como aula didáctica da enerxía eólica, entre outras.

Coa pantalla vexetal, deberían entón tapar todo o Camiño, como mínimo dende o Cebreiro ata Portomarín.

2.-Na pax. 8
1. Tendo en conta que o parque eólico proxéctase no espazo denominado “Ancares-Courel”, declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril, e incluído na lista de lugares de importancia comunitaria LIC aprobada pola Decisión da Comisión de 7 de decembro de 2004, prestarase especial atención en non comprometer a persistencia dos hábitats naturais de interese comunitario presentes no polígono do parque, básicamente breixeiras secas europeas, asegurando o seu mantemento ou restablecemento nun estado de conservación favorable, tal como se establece na Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres.

En calquera caso, deberá corrixirse a afección prevista mediante a adopción dunha medida compensatoria consistente en aportar igual ou maior superficie que a afectada
2 polo proxecto, polo tanto igual ou maior que 67.098 m.
A parcela que se propoña deberá gardar ademais os seguintes requisitos:
Debe estar fóra do LIC pero contigua a este, co fin de compensar a superficie afectada polo proxecto. Debe ser unha parcela en couto redondo. Os hábitats que sustente deben compensar a superficie dos hábitats afectados, ou ben establecer as condicións para a súa adecuada implantación.

No apartado anterior autorizase, a apertura de outro furado na Rede Natura do Courel.

Fai poucos días consultadas as consellerías de Medio Ambiente e Industria, admitiron que este eólico íase instalar, porque ao iniciarse no Goberno “Fraga”, a empresa xa adquirira dereitos e si se rexeitaba, tiñan que indemnizar á empresa.

En todo caso tería que indemnizala a persoa ou persoas que se saltaron as leis. E o bipartito non pode desculparse, porque para entón estaban na oposición, con aceso a toda a información dende o inicio da tramitación (ver directivas europeas sobre a participación do Público).

Na tramitación da autorización da instalación deste Parque Eólico, ao noso entender, saltáronse varias disposicións europeas de obrigado cumprimento.

Por outra banda, non discutimos as bondades da enerxía eólica, pero non para instalar na Rede natura; Por exemplo, na Galiza só o 11% do territorio está protexido, na Comunidade de Madrid case o 40%, pero a maiores Madrid non instala eólica na súa Rede Natura, mentres a nosa Rede Natura produce parte da electricidade para esa Comunidade.

A maiores, a enerxía eólica que se produce na Galiza non substitúe a térmica, dándose o paradoxo de que estas térmicas multiplicarán a produción para rechear os paróns do vento.
Pouco o nada que engadir a este artigo repescado hoxe na páxina da Organización Galega de Comunidades de Montes.

No hay comentarios: