Escaleiras e camiño de pes na Modoña |
De novo volvéseme a informar do presunto uso particular que se esta a facer do coche da comunidade por parte de dous directivos, coa estampa do cabalo amarrado á defensa. Dende logo mentres no vexa cos meus ollos fáiseme duro asimilalo, polo que prefiro expresarme con cautela. Con todo iso como ben me lembraban nas pasadas festas algúns veciños e un exdirectivo, cando estando el na directiva se propuxo por primeira vez compralo, para evitar ter que alugalo tódolos anos para o Pronto Auxilio, houbo moita xente, algún mesmo pertence a actual xunta reitora, que-lles dixo si o querían para pasear ou para o seu servizo. No medio dunha asemblea expresións deste tipo xa sabemos a onde nos leva: crear desconfianza. Tal foi a que se creou, que se votou abaixo a compra, aínda sabendo que co tempo a comunidade aforraría moitos cartos.
Contra o remate desa lexislatura, esa mesma directiva solicitara unha subvención para compralo. Subvención de 18.000 € que viu aprobada cando xa estabamos nós ao fronte da comunidade e por haber estado presente naquela funesta asemblea, ollando que un par de comuneiros comezaban a falar demais, tomei a palabra para comunicarlle aos comuneiros e comuneiras presentes, que tódalas saídas do coche quedarían rexistradas nunha axenda, aportando tódolos detalles precisos: motivo da saída, quilómetros á saída e á chegada, así como no intre de facer carburante. Así se fixo mentres estiven na secretaria e nas poucas saídas que efectuei como responsable do cargo.
Se é verdade que agora se fan este tipo de saídas, descoñezo como se rexistran, se é que agora existe algún rexistro. A magoa de todo isto é que ao contrario dos concellos, nas comunidades de montes temos que ser os comuneiros os que denunciemos estes presuntos "cambaleaches".

O informe pericial encargado polo Xulgado de Instrución Nº 1 de Caldas de Reis respecto ao caso do gasoil de Pontecesures polo que están denunciados o Manuel Luís Álvarez Angueira, exalcalde cesurán polo BNG, e o entón encargado de Obras Xurxo Gerpe Jamardo, foi contundente. O perito que realizou a proba conclúe que as facturas analizadas no período comprendido entre 2003 e 2006, e referidas exclusivamente ás que indican a matrícula do Nissan Patrol de Obras municipal (M-3827-LS), arroxan uns datos claros e irrefutables.Fonte: El Correo Gallego
Neste sentido, o perito apunta que "non deixa lugar a dúbida que hai un exceso de consumo que non ten unha explicación razoable, tendo en conta que falamos de excesos que superan amplamente o 14,30% homologado polo fabricante". Así, leste duplica a porcentaxe en 2003 e pasa ao 56,86% en 2004; o 46,04% en 2005; o 88,25% no período de outubro de 2005 a xaneiro de 2006; e o 23,60%, para o ano 2006. Isto supón para os períodos analizados "un exceso de 6.844,68 litros)", que traducidos a termos monetarios, "supuxeron para as arcas locais 5.792, 45 euros".
O informe pericial foi encargado polo xuíz e no mesmo indícase que só se analizan as facturas que citan claramente a matrícula do Nissan, e exclúense as referidas coa expresión "Patrol obras, por ter a seguridade de que se trate do mesmo vehículo". Lembrar que a querela foi interposta por Luís Sabarís e Alfonso Diz.
1 comentario:
Me parece que ese uso se hace en muchos municipios
Publicar un comentario