miércoles, 27 de julio de 2011

O castiñeiro é máis rendible que moitas árbores foráneas

Castaños da Belga
Traendo a actualidade esta vella entrevista, sigo dicindo que Nebra tralo desastre do ano 2006 perdeu unha gran oportunidade, baixo o meu punto de vista, para dedicar parte do monte queimado a buscarlle unha sustentabilidade e rendibilidade a máis corto prazo, que inzalo de novo de pinos.

Tamén afirmo con total rotundidade que, se o souto que fixo na Belga o finado de José Olveira, que tiña outras vistas de futuro polo que se ve, non se trata con "agarimo", non val de nada o seu esforzo. ¿A caso non se podan os pinos? ¿Entón con máis razón, por que nos se fai o mesmo con eses castaños?
A comercialización da castaña é, segundo María Belén Díaz, unha das claves para que esta especie autóctona xere beneficios a curto prazo. Belén Díaz destaca o fuerte arraigo popular deste frutal

María Belén Díaz estuda desde hai varios anos as variedades de castiñeiros de Galicia e Asturias. Esta profesora avilesina defende a rendibilidade do cultivo destes froiteiros.

-Existe a idea xeneralizada de que o castiñeiro non dá diñeiro...

-O castiñeiro é máis rendible que moitas árbores foráneas. O que hai que facer é non basear a explotación na madeira, que tarda bastante tempo en ser aproveitable. Hai que utilizar o froito: a comercialización da castaña permite obter ingresos anuais. Ademais, as árbores que producen boa froita xeran boa madeira.

-¿Por que se seguen plantando eucaliptos?

-Non todos os agricultores poden permitirse inmobilizar unha leira durante varios anos, os que se tarda en empezar a aproveitar a castaña. O que planta eucaliptos adoita necesitar ingresos inmediatos.

-¿Como ve a situación actual dos castiñeiros na provincia?

-A proliferación de explotacións gandeiras fixo que se abandonase este cultivo na década dos 60. Pero a aparición fai 10 anos dunha empresa que comercializaba a castaña provocou que se volvesen a plantar estes froiteiros. O incremento da súa poboación é lento pero continuo.

-¿Cales son as principais ameazas para este cultivo?

-A elevada idade da xente do campo, que non está en condicións de coidar a leira e recoller o froito. Ademais, hai novas que ao herdar as plantacións venden a madeira para obter diñeiro rápido.

-Esta árbore está moi ligado á tradición...

-En todos os pobos celébranse magostos, festas gastronómicas ao redor da castaña... É un cultivo que debemos conservar.
Fonte orixinal: La Voz de Galicia

No hay comentarios: