martes, 13 de diciembre de 2011

Cada mestriño ten o seu libriño

Parece ser que neste seminario celebrado fai seis anos, decatáronse que os incendios son un síntoma dos conflitos sociais do rural [sic].
Galicia é unha das rexións, tanto de España como de Europa, que máis incendios forestais sofre ao longo do ano. A pesar do servizo profesional de loita contra incendios da Xunta de Galicia, o número de lumes incrementouse no últimos dez anos, aínda que se conseguiu manter baixo control a superficie de hectáreas queimadas nos últimos anos.
Segundo un estudo realizado polo Seminario Carlos Velasco de Pontevedra, os incendios forestais son un excelente índice dos conflitos sociais, económicos e culturais dunhas comunidades que até fai moi pouco tempo integraban, sen excesivas disonancias, un ecosistema natural no seu propio ecosistema social (a parroquia).
Cando esta sociedade transfórmase e non se atopan vías alternativas de xestión, os factores de risco socioeconómico de incendio comezan a actuar esperando, tan só, que se dean as condicións naturais apropiadas: seca, abundancia de matogueira, vento, etc.

Sumar esforzos

Ademais de construír os cortalumes, os puntos de auga e outras infraestruturas, é necesario xuntar todos os esforzos e comezar pola planificación forestal e ordenación do territorio a nivel local.
«É imprescindible que un recurso renovable como o forestal, que cando está ben xestionado resulta moi rendible, convertese nun elemento estratéxico clave para o desenvolvemento local sustentable», asegura o profesor Pérez Vilariño, director do seminario.
Para conseguilo é preciso trocar certas inercias e dotar ao sector de medios suficientes para que poidan pórse en práctica as potencialidades que posúe. Pero, para esta importante necesidade, a Comisión Europea só dedica o 1,25% dos fondos da Política Agraria Común ao espazo forestal que, pola contra, representa o 50% do territorio europeo, mentres que a actividade da gran maioría dos silvicultores, «auténticos protagonistas na prevención de incendios», non alcanza o limiar da viabilidade.
Fonte orixinal: 12/12/2005 Ven os incendios como un síntoma dos conflitos sociais do rural

No hay comentarios: