jueves, 1 de diciembre de 2011

En todas as mans

No país do minifundismo permanece unha realidade que é de todos, e ao tempo de ninguén, unha realidade que camiña entre o público e o privado. Así é o mundo dos montes en mancomún.

Esta forma de titularidade asenta as súas raíces nunha concepción colectiva do territorio, e fai parte do patrimonio cultural galego.

"En todas as mans" é un proxecto de documental sobre esta forma de custodia do territorio. Pretendemos construír un relato que xunte as voces das xentes das comunidades e do ámbito académico.

Nestes momentos o documental está en fase de preprodución.
Fonte orixinal: www.ankomun.blogspot.com


Rescato por interesantes algúns comentarios dos participantes no vídeo, para que ollen como en Nebra non cumprimos ningunha desas regas. Por certo, os puntos a debater nas asembleas débense someter a votación, xamais se pode aprobar algo por «asentimento». Onde escoitaría esta verba?

4:34.- «Non esperar a que sexan outros xestores, ou os políticos ou os técnicos, quenes veña a dirixir e a ordenar o territorio inmediato á túa casa, o teu medio, se non que es ti mesmo, con todos os veciños quen tomas a decisión de que entorno inmediato queres, que clase de contorno queres arredor da túa casa»

5:06.- «O feito de ser comuneiro me da pe a formar parte das decisións que se toman no día a día dunha comunidade de montes, a involucrarte, a saber cales son os problemas os que se enfronta dentro da propia comunidade, cando son as decisións que moitas veces se toman»

5:23.- «Cando nós decidimos recuperar ou restaurar un muíño, restaurar unha zona determinada, facer unha plantación, mellorar determinado tipo de hábitat, ves que co paso do tempo esas actuacións teñen os seus froitos, entón é algo que é moi gratificante e logo sobre todo ver que iso depende das decisións que ti tomas, é dicir, que non depende de ninguén mais, e iso tamén é algo que fortalece precisamente a participación directa nas asembleas»

6:03.- «Calquera xestión levada a cabo non por unha empresa ou unha persoa, se non de xeito comunitario, iso para min sempre é bueno, importantisimo, non solo para o monte, se non na a vida social, unha maneira de aglutinar á xente e que todos nos sintamos o mesmo tempo responsables, que todo o mundo sinta que o monte e de todos e loxicamente o ser de todos, é de cada quen»

No hay comentarios: