viernes, 27 de abril de 2012

O pliegue xeolóxico que deu orixe a Galicia, monumento natural

O pregue, nunha vista panorámica desde a estrada de Quiroga-Folgoso,
é a primeira terra que emerxeu en Galicia fai 350 millóns de anos. Alberto López
Galicia saldou unha débeda coa súa historia. O pregue xeolóxico de Campodola-Leixazós, situado no municipio de Quiroga e que constitúe o legado da primeira terra emerxida en Galicia tras o choque de dous supercontinentes fai 350 millóns de anos, foi declarado pola Xunta monumento natural.

O plegamento deitado do Courel en forma de acordeón figura como punto de interese xeolóxico de rango internacional desde 1983, pero ata agora carecía de protección, a pesar de ser obxecto continuo do interese de xeólogos de todo o mundo.

«Este acordo blinda a protección dun monumento natural único», subliñou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, tras a aprobación no Consello da Xunta do decreto que confire a estrutura protección legal.

A superficie declarada como monumento natural alcanza unha superficie de noventa hectáreas pertencentes ás mancomunidades de montes veciñais en man común de Campodola e Leixazós. Para garantir a preservación da contorna elaborarase un plan de conservación no que se investirán 30.000 euros.

Fonte orixinal La Voz de Galicia

Mentres a Xunta de Galicia declara «de momento, todo hai que dicilo» monte natural ese enclave, Monte Pindo segue agardando pola súa declaración como Parque Natural e aquí, no Barbanza, levántannos a veda.


A área proposta pola Xunta do bipartito en 2008, para formar parte da Rede Natura 2000 e designada como “LIC Serra do Barbanza” (cód. ES1110019), cunha extensión de 4.711,15 hectáreas, vai pasar a mellor vida se segue adiante a idea instalar un novo parque eólico denominado “O Barbanza” «non lles chega con arruinar a paraxe, se non que aínda teñen que deturparlle o nome», promovido por Norvento.

Por que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, tras a aprobación no Consello da Xunta do decreto que confire a ese pliegue xeolóxico protección legal, dixo que: «Este acordo blinda a protección dun monumento natural único» e sen embargo tira pola borda o acordo tomado polo seu antecesor da ampliación na Serra da Barbanza de 3 hábitats cuxa conservación é prioritaria para a UE e ducias de especies ameazadas e endemismos? Esta claro que aquí prima o neghocio.

Se nunca subiron a esta fermosa serra, recoméndolles a súa visita... asegúrolles que o día non lles vai chegar a nada e seguramente recuncaran. Lamentablemente a imaxe bucólica que conservo da miña nenez e a de non fai tantos anos, agora rómpenola estes muíños, e por riba, o seu fungar, faise notar sobre a fauna que alí vive. Pero saben que é o máis triste? Que todo o beneficio que xeran tributa moi lonxe de nós.

Neste vídeo gravado o ano pasado, en pouco más dun minuto teñen unha pequena perspectiva.


No hay comentarios: