Dun tempo a esta parte vense falando de empresas madeireiras e a Xunta de Galicia quere fumigala maior parte dos eucaliptais por culpa dun escaravello que lle come as follas e atrasa o seu crecemento. Salvo métodos naturais, coido que non existe funxicida ou herbicida que sexa beneficioso para o medioambiente e sobre todo para a fauna.
Isto por unha parte, pola outra non debemos de esquecer que na nosa zona a maioría dos eucaliptais están nas beiradas dos ríos e a carón de moitos mananciais que aproveitamos os veciños para abastecernos de auga e ao contrario que as traídas municipais, non pasan por un sistema depurativo. Segundo a propia empresa que o comercializa, en contra do que afirma o representante da Xunta: «é moi tóxico para os organismos acuáticos, pode provocar a largo prazo efectos negativos no medio ambiente acuático».
A pregunta cae de caixón, se xa hai un método natural para loitar contra esta praga, como é a avespa da foto, por que non se usa preferentemente e se deixa de contaminar? Á vista dos datos que expoño de seguido, esta praga víase vir fai moitos anos pero coma sempre, acórdanse de Santa Bárbara cando trona.
Isto por unha parte, pola outra non debemos de esquecer que na nosa zona a maioría dos eucaliptais están nas beiradas dos ríos e a carón de moitos mananciais que aproveitamos os veciños para abastecernos de auga e ao contrario que as traídas municipais, non pasan por un sistema depurativo. Segundo a propia empresa que o comercializa, en contra do que afirma o representante da Xunta: «é moi tóxico para os organismos acuáticos, pode provocar a largo prazo efectos negativos no medio ambiente acuático».
A pregunta cae de caixón, se xa hai un método natural para loitar contra esta praga, como é a avespa da foto, por que non se usa preferentemente e se deixa de contaminar? Á vista dos datos que expoño de seguido, esta praga víase vir fai moitos anos pero coma sempre, acórdanse de Santa Bárbara cando trona.
Eucalyptus, Gonipterus e Anaphes: un exemplo de control biolóxico nun sistema tri-trófico
...Estaba por tanto anunciado que esta praga chegaría a Galicia; estaba anunciado desde hai máis de 50 anos e tan só había que coñecer a historia. Os primeiros danos detectáronse na localidade de Lourizán, onde a especie chegou en 1991 (Mansilla, 1992). Desde Lourizán, G. scutellatus iniciou a súa dispersión por toda Galicia (Mansilla & Pérez Otero, 1996), colonizando un radio dun 85 km desde a súa localidade de introdución até 1995. En setembro de 1997 atopábase en practicamente todos os eucaliptales galegos, o occidente asturiano, a metade norte de Portugal, e parece chegar até Estremadura. A distribución mundial da especie preséntase nesta foto.
- Dispersión do Gonipterus scutellatus: crónica dun desastre anunciado
Guerra química contra o gurgullo
A praga do gurgullo, unha especie de pequeno escaravello de 7-9 milímetros de lonxitude, ameaza aos eucaliptos galegos desde os anos 90. Estes coleópteros, que se alimentan das súas follas, acaban matando as árbores e están a pór en xaque ao sector forestal da comunidade. Até agora utilizáronse métodos biolóxicos para tentar controlar ao tamén coñecido como Gonipterus scutellatus. Pero ante o avance da praga, a Xunta e a Asociación Española de Pasta de Papel (Aspapel) decidiron cambiar de estratexia. Nos próximos meses a guerra contra o insecto será tamén química.
- Ecoloxistas, agricultores e apicultores denuncian o uso dun pesticida prohibido por la UE para controlar a praga do eucalipto.
- A Xunta afirma que non é tóxico.
A decisión de utilizar unha pesticida que a marca Basf comercializa como Cascade para pulverizar os montes galegos ha posto en pé de guerra a ecoloxistas, gandeiros, agricultores e apicultores, que se agruparon na Plataforma contra as Fumigacións. O Cascade ten como principio activo o flufenoxuron, unha sustancia que a Unión Europea prohibía o pasado mes de setembro por entender que "ten un alto potencial de bioacumulación na cadea alimentaria" e "un elevado risco para os organismos acuáticos". A pesar de que os seus efectos negativos son xa coñecidos, a UE ofreceu aos estados membros un "período de graza" no seu uso, que caduca o próximo 31 de decembro.
Desde a Plataforma contra as Fumigacións alertan de que o uso do flufenoxuron terá graves consecuencias ambientais. Alertan de que as abellas, que teñen un papel crave como polinizadoras, veranse gravemente afectadas e que mesmo podería ser prexudicial para os humanos xa que a pesticida pasa á cadea alimentaria. Con todo, o secretario xeral da Consellería de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, aseveraba onte no Parlamento que o flufenoxuron "non é tóxico".
O BNG leva as fumigacións de eucaliptos á Comisión Europea
A eurodeputada nacionalista Ana Miranda levará á Comisión Europea as fumigacións de eucaliptais infectados pola praga do Gonipterus scutellatus, o gurgullo do eucalipto. Miranda preguntará ás autoridades europeas sobre a súa postura acerca do uso do principio activo flufenoxurom, un biocida en moratoria pola súa toxicidade, que a Asociación de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón -da que forma parte Ence- pretende aplicar a plantacións de eucalipto mediante fumigacións aéreas. "As fumigacións aéreas están prohibidas pola Unión Europea desde 2011 sempre que a loita contra a praga forestal póidase realizar desde terra", alegan portavoces do BNG. Por agora, os promotores do tratamento están a informar aos particulares dos pasos que deben seguir se aceptan as fumigacións.
- O secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, defende que a altura do árbore fai que a aplicación aérea do insecticida sexa a máis adecuada.
A pregunta da eurodiputa súmase á formulada onte en comisión parlamentaria pola tamén nacionalista Tereixa Paz, que interrogou ao secretario xeral de Medio Rural, Tomás Fernández Couto, sobre as consecuencias que a fumigación terá sobre as explotacións apícolas, xa que o produto elimina os insectos en fase larval. A nacionalista foi moi belixerante con "É un produto que está incluído nos rexistros sanitarios e que calquera silvicultor pode aplicar sen ningún tipo de autorización especial", respondeu Fernández Couto, que tamén explicou que en este caso a Xunta si terá que dar o visto e prace ao uso do produto porque a fumigación farase por medios aéreos, máis adecuados, argumentou, para unha árbore tan alta como o eucalipto. "Aplicarase a un metro da copa da árbore", precisou.
Tomás Fernández-Couto: “o insecticida usado contra o gurgullo do eucalipto é un produto legal e o único autorizado para este tratamento”
O insecticida denominado flufenoxurón é “totalmente legal e trátase do único autorizado para o control do gonípterus (gurgullo) do eucalipto”. Emprégase, ademais, dende hai vinte anos en agricultura e silvicultura para tratar doenzas das berenxenas, as mazás, as peras ou as viñas, entre outros moitos cultivos.
- O secretario xeral de Medio Rural e Montes lanzou no Parlamento unha mensaxe de tranquilidade, insistindo en que o uso deste insecticida non comporta risco ningún
- Na súa comparecencia explicou que este produto se emprega dende hai vinte anos en agricultura e silivicultura para tratar doenzas das berenxenas, as mazás, as peras ou as viñas, entre outros moitos cultivos
- Advertiu ademais de que o tratamento farase de xeito localizado, en proporcións moi limitadas (en doses de apenas un vaso de auga por hectárea) e sempre por solicitude expresa dos donos das árbores
Así o explicou esta mañá no Parlamento o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, en resposta a unha pregunta oral, na que aproveitou tamén para insistir nunha mensaxe de tranquilidade e responsabilidade, lembrando que a utilización deste insecticida non comporta risco ningún. Engadiu que tan só é precisa a autorización para o seu uso porque se fai con medios aéreos, porque se fora con terrestres non sería nin tan sequera precisa.
O secretario xeral de Medio Rural e Montes advertiu de que non se pode falar de “fumigación masiva” nin de “produto tóxico”. Pola contra, explicou que a súa aplicación farase de xeito localizado, en proporcións moi limitadas (en doses de apenas un vaso de auga por hectárea) e sempre por solicitude expresa dos donos das árbores.
Loita biolóxica
Fernández-Couto reiterou ademais a aposta da Xunta pola loita biolóxica contra esta doenza, que consiste consiste en aumentar a poboación de Anaphes nitens, parasito natural e exclusivo de ootecas (ovos) de gonipterus. O obxectivo final deste sistema de loita é chegar a establecer un equilibrio entre as poboacións do insecto e as do seu parasito natural.
Cascade: Flufenoxuron
Ficha de Datos de Seguridade
No hay comentarios:
Publicar un comentario