sábado, 14 de julio de 2012

Ben pola Comunidade de Montes de Oleiros


Iniciativas coma esta e outras precísanse levar a cabo en moitas comunidades de montes, se ao contrario que os nosos ancestros, non queremos vivir de costas ao monte.
Diario de Arousa: Sesenta veciños reciben os diplomas tras asistir a un curso sobre biomasa forestal

O salón de plenos de consistorio de Ribeira acolleu o acto de entrega de diplomas aos veciños que participaron nun taller de biomasa forestal, iniciativa promovida pola Mancomunidade Arousa Norte para formar sobre esa materia e mostrar as vantaxes do aproveitamento enerxético dos restos forestais. Ao curso acudiron 60 veciños procedentes, no seu maior parte, das parroquias rurais da localidade, como Olveira e Oleiros, pero tamén de Palmeira e Santa Uxía. As clases impartíronse no local social da Comunidade de Montes de Oleiros.

O alcalde, que compaxina este cargo co de presidente de Arousa Norte, foi o encargado de entregar os diplomas aos participantes na actividade. Manuel Ruiz felicitou a todos os alumnos por superar o período formativo e destacou as posibilidades laborais que ofrece este sector incipiente no que Galicia ten gran potencial. Na entrega de diplomas aos inscritos, acompañáronlle as concelleiras Mari Carmen Biscaia (Palmeira), Herminia Pouso (Oleiros) e Elvira Pereira (Olveira).

No hay comentarios: