Mostrando entradas con la etiqueta Ribeira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ribeira. Mostrar todas las entradas

martes, 5 de mayo de 2015

Fai anos que non se ollaba tal aberración

El Correo Gallego: Atopan nun monte de Ribeira 8 cabalos con pexas nas súas patas

SUSO SOUTO

Ribeira. A asociación animalista Libera e a Fondation Franz Weber denunciaron onte a aparición en Ribeira dunha manda de oito cabalos con cepos nas súas patas. "A pesar de constituír unha práctica ilegal, que mesmo pode supor unha conduta delituosa penada con até un ano de prisión, o uso das chamadas trancas ou pexas para inmobilizar cabalos continúa sendo unha tónica habitual nos montes galegos", sinala Rubén Pérez, portavoz de Libera, que porá os feitos en coñecemento da Policía Autonómica. Os cepos son un elemento de auténtica tortura que chegou a xerar deformidades, feridas abertas e até a mutilación de parte da pata aos cabalos.

sábado, 14 de julio de 2012

Ben pola Comunidade de Montes de Oleiros


Iniciativas coma esta e outras precísanse levar a cabo en moitas comunidades de montes, se ao contrario que os nosos ancestros, non queremos vivir de costas ao monte.
Diario de Arousa: Sesenta veciños reciben os diplomas tras asistir a un curso sobre biomasa forestal

O salón de plenos de consistorio de Ribeira acolleu o acto de entrega de diplomas aos veciños que participaron nun taller de biomasa forestal, iniciativa promovida pola Mancomunidade Arousa Norte para formar sobre esa materia e mostrar as vantaxes do aproveitamento enerxético dos restos forestais. Ao curso acudiron 60 veciños procedentes, no seu maior parte, das parroquias rurais da localidade, como Olveira e Oleiros, pero tamén de Palmeira e Santa Uxía. As clases impartíronse no local social da Comunidade de Montes de Oleiros.

O alcalde, que compaxina este cargo co de presidente de Arousa Norte, foi o encargado de entregar os diplomas aos participantes na actividade. Manuel Ruiz felicitou a todos os alumnos por superar o período formativo e destacou as posibilidades laborais que ofrece este sector incipiente no que Galicia ten gran potencial. Na entrega de diplomas aos inscritos, acompañáronlle as concelleiras Mari Carmen Biscaia (Palmeira), Herminia Pouso (Oleiros) e Elvira Pereira (Olveira).