miércoles, 4 de julio de 2012

Malo se prohibes

Como bo amante da natureza, dóeme cando subo á serra e comprobo que hai xente que se dedica cos seus vehículos a facer derrapaxes nas pistas, sobre todo nas curvas, facendo regueiros, que logo coa choiva se acrecentan deixándoas intransitables. Outra cousa é o seu enxordecedor ruído que se lles escoita a varios quilómetros de distancia, molestando aos animais que teñen un oído máis sensible que os humanos.

Que fagan uso das pistas forestais entra na lóxica, pero logo están os que non lles chega e se meten monte a través subindo logo polas rochas, como puiden presenciar o día de San Xoán. No circulo, un deses "motoristas" facendo das súas no noso monte, chegando incluso a escorrentar á manada de cabalos que pastaban na zona. De aí que non me estrañe que noutras comunidades prohiban circular pola súas concesións a quen non sabe comportarse.

O monte a parte de ter dono, algo que parece que non entende esa xente, é o fogar de moitos animais e pódese desfrutar del sen molestalos. Dúas formas do máis pracenteiras que hai son patealo, o que te permite descubrirlle os seus mellores segredos, e como fan ultimamente moitos amigos, percorrer en bicicleta as innumerables pistas que hai.
Os comuneiros dos montes de Xares (A Veiga) atribúen o peche do coto a un intento de evitar o lixo que as caravanas de vehículos todoterreo deixan nos seus montes. Este foi o argumento ofrecido pola Comunidade de Montes en Man Común Veciños de Xares, que preside Alberto Lozano, ao replicar ás críticas do edil socialista, Fernando Fernández, por pechar as pistas do coto.

Os veciños quéixanse de que os condutores deixan restos de comida e non respectan os sinais. Tamén de que as competicións de trial en moto e quad realizadas no seu interior afectan á flora e fauna e explican que os peóns poden usar o camiño de Porto.

O escudo do Concello será borrado dos anuncios prohibindo o paso, aseguraron os veciños. Ademais, criticaron ao edil do PSOE por non investir en Xares cando ocupou a Alcaldía e aplauden o labor que, como veciño, realiza o seu sucesor, Edesio Yáñez.

Fonte orixinal: La Región

No hay comentarios: