jueves, 5 de julio de 2012

Querían e queren acabar con este paraíso

Así viaxa o Courel cara o Parque natural. Santa Eufemia en dúas fases
Unha vez máis as hemerotecas son teimudas e hoxe a web da Organización Galega de Comunidades de Montes, lémbranos a denuncia que facía SOS Courel, na defensa daquel paraíso exemplar. Con que estampa se quedan?

05_Xullo_do_2.008: S.O.S Courel: A Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións piñeiros-Lugo

A Xunta de Galicia decidida a acabar co Courel!!

Desobedecendo de xeito temerario a lexislación europea e utilizando fondos comunitarios, a Xunta de Galicia está arrasando o Courel con plantacións de piñeiros para destruír a Rede Natura 2000 e aumentar o risco de incendio:

Nos montes da Escrita, no Taro Branco, en Froxán, entre as devesas, ....por toda a Serra

- Utilizan maquinaria pesada para destruír os hábitats propios do Courel, destrúen a cuberta vexetal e expoñen o chan a erosión, coa conseguinte acidificación e morte das augas dos ríos.

- Coa ocupación do monte por plantacións masivas de piñeiros, estase a desbotar definitivamente calquera oportunidade para as explotacións gandeiras, apícolas, froiteiras, ...

- Achegan as plantacións de piñeiros a soutos, devesas, prados, cultivos .... co que aumenta o risco de incendiar este espazo protexido.

- Non se respectan e destrúense os elementos arqueolóxicos e históricos: mámoas, castros, covas, paisaxe tradicional, camiños tradicionais, .....

- Engánasenos aos veciños: cando pedimos castiñeiros, faias, teixos, carballos, careixeiras, freixos, pradairos, ..... dísenos que só están permitidos os pinos.

- Lonxe de habilitar cortalumes con franxas de frondosas e prados de regadío, insístese coa fabricación de “autovías” de terra morta que parcelan toda a Serra, nunha orxía de desfeita paisaxística sen precedentes no Courel.

- Mirando o rumbo do Courel, calquera se pode preguntar para que serve toda a literatura ambiental, de sostibilidade e paisaxística con que se adorna a Propaganda Institucional que nos recorda cada día o ben que vai este País.

- Visto o trato que nos está dando a Xunta, e despois de avisalos reiteradamente, varías asociacións do Courel, estamos preparando unha nova queixa ante a Comisión Europea por incumprimento da normativa comunitaria e por posible fraude aos Fondos da UE.

A propósito da destrucción do Courel, mañá sábado, día 5 de xullo, en “La Vanguardia”, con referencia na portada , sairá unha reportaxe de tres páxinas adicada ao Courel. http://www.lavanguardia.es

Saúdos
SOS Courel, xullo de 2008
607 225 887 soscourel@mundo-r.com

Fonte orixinal: orgaccmm

galizanonsevende

Pero houbo máis...
A Xunta xustifica as canteiras de O Courel denunciadas por Bruxelas

sábado, 12 de xullo de 2008
A Unión Europea viu irregularidades na concesión de catro minas de lousa

No hay comentarios: