lunes, 2 de julio de 2012

O perigo real dos incendios


Unha vez máis outro incendio de grandes dimensións ademais de levarse por diante miles de hectáreas e toda fauna que tiña como hábitat dito espazo, por desgraza volveu a truncala vida doutra persoa que loitaba na súa extinción, aínda que a catástrofe na zona puido ser peor.

A natureza a poder de tempo é capaz de rexenerarse, un exemplo témolo nos nosos montes seis anos despois, mais a fauna e sobre todo, as vidas humanas, xamais son recuperables.

O meu total apoio a familia do piloto falecido, ás dos feridos e ás que o perderon todo por culpa deste descomunal incendio.
Dous helicópteros que participaban nos labores de extinción do incendio de Cortes de Pallás (Valencia) estreláronse esta tarde.

O primeiro sufriu un accidente no encoro de Forata, no termo municipal de Yátova, segundo informou o Centro de Información e Coordinación de Urxencias da Generalitat. O piloto do aparello -que pertencía á Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF), do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, con sede na localidade zaragozana de Daroca- faleceu no impacto. Polo momento descoñécese a súa identidade e as circunstancias do accidente.

Media hora despois, un segundo helicóptero que tamén participaba na extinción do lume sufriu outro accidente na Sierra Martés. Segundo informou o Centro de Urxencias da Generalitat, o piloto e o copiloto deste aparello están conscientes e foron atendidos polo Servizo de Atención Médica Urxente (SAMU).

A superficie calcinada polos incendios forestais de Cortes de Pallás e Andilla é de 48.583 hectáreas, segundo os primeiros cálculos do Consorcio Provincial de Bombeiros de Valencia. Desa superficie queimada nestes dous incendios, que aínda non se deron por controlados, 18.334 corresponden a zona arboredo e 30.249 hectáreas a matogueira.

Fonte orixinal: La Voz de Galicia

No hay comentarios: