Cada vez que leo unha noticia destas, ven á miña lembranza as discusións que mantiven cos excompañeiros da directiva porque sen haber sido aprobado pola xunta reitora, ou pola asemblea xeral, contrataran ou encargaran ao seu libre albedrío a dous veciños cortar eucaliptos en nome da comunidade para o resto de comuneiros.
A pesares de tódalas ilegalidades cometidas, comezando por esas dúas descritas, outras foran que un xa tiña a idade de xubilación máxima forzosa e o outro, estábao por enfermidade, non se inmutaron ante a miña queixa, nin cando os advertín de que se acontecía algún accidente a comunidade seria a responsable civil subsidiaria. A súa única defensa era que como non había un contrato polo medio, a comunidade non asumía ningunha responsabilidade (Sic).
Logo veu a denuncia, e supoño que un pouco para habilitar a miña expulsión, optaron polo camiño máis doado, acusarme de ser o denunciante. Sen embargo esquecéuselles unha cousa moi importante, tódalas miñas denuncias foron públicas, tanto nas asembleas xerais, periódicos, taboleiros da parroquia ou no Xulgado. XAMAIS precisei de agocharme tras un anonimato, como fixeron outros cando gobernaba, na miña opinión, o presidente máis sincero da comunidade, ou cando me atopaba emigrado en Noruega.
Agora, ollando a oferta que ben de publicar o Concello, dentro do programa de cooperación coa Xunta de Galicia, coas limitacións que encadro e observando a composición do xurado, preguntome como daquela presuntamente na Xunta lles deron a razón. É algo que xamais poderei entender, porque ante todo dubido que noutras comunidades fixesen o mesmo, polo menos en Baroña, comunidade na que quería beber, non.

El Correo Gallego: Falece un home tras caerlle encima un piñeiro en LousameFaro de Vigo: A metade dos accidentes mortais no sector forestal acontecen en talas de árbores
Un home faleceu na tarde deste luns nun accidente laboral rexistrado ao caerlle encima un piñeiro nunha leira no termo municipal de Lousame (A Coruña).
Segundo os datos facilitados polo 112 a Europa Press, o accidente laboral tivo lugar sobre as 15.28 horas deste luns nunha leira no lugar de Fontefría, no municipio de Lousame.
Foron mobilizados a Garda Civil, Protección Civil de Lousame, o Grumir de Noia e persoal do 061, que unicamente puido confirmar o falecemento do home.
No hay comentarios:
Publicar un comentario