Malloeria «Duna» praia da Aguieira |
La Voz de Galicia: Veciños de Sillobre de todas as idades limpan os montes comunais de Marraxón para previr incendios
Trátase dun enclave de especial valor paisaxístico, ecolóxico e histórico
Veciños de Sillobre de todas as idades iniciaron onte as tarefas de limpeza dos montes comunais de Marraxón para previr incendios. Os montes de Marraxón, situados no punto máis alto do municipio de Fene, teñen unha significación moi especial dentro do patrimonio natural, arqueolóxico, paisaxístico e etnográfico galego. Foron uns dos primeiros montes comunais españois cuxa devolución reclamaron os veciños en plena ditadura franquista, e á súa condición de atalaia natural sobre a costa atlántica, cunha flora e unha fauna de excepcional diversidade, unen o feito de posuír un gran número de restos de enterramentos prehistóricos e un carácter lendario que os irmá co máis profundo do universo tradicional de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario