A anterior asemblea foi rebentada polos opositores. Xoán C. Gil |
Á marxe da polémica que vive esta Comunidade de Cabral, sigo insistindo que votar en furna é un dereito inescusable. Alguén imaxinase nunhas elección votar a man alzada?
Na nosa Comunidade cando lle interesou a unha Xunta Reitora non repartilos fondos, logo de pórse ao fronte, obrigóusenos a votar tamén a man alzada. No meu caso non tiven inconveniente e ademais de facelo deixei caer este comentario antes de facelo: se votamos a investir sairemos gañando todos... Logo aconteceu todo o contrario, porén un non é meigo.
Máis radical foi a intervención do presidente, no seu caso, estivo ben claro que díxoo por interese: se votamos investir con un peso gañaremos dous.
A piques de rematala lexislatura, con premeditación e aleivosía deulle avolta á tortilla. Antes incluso de ser aprobado pola Xunta Reitora e pola Asemblea Xeral, publicou unha nota instándonos a pasar polo banco para retiralos fondos que previamente habían aprobado «Sic»:
Así se desvalixa unha Comunidade
Ese vergoñento reparto en realidade foi para tapar unha presunta malversación de fondos: darlle un caramelo envelenado aos comuneiros, poder facer negocio cos panteóns e castrar á nova Xunta Reitora para impedirlle que estes fosen feitos pola Comunidade. Todo ilo despois da inversión realizada no cemiterio durante o seu mandato. Mais como nun principio non acadaron o seu obxectivo «o novo presidente fixo unha poxa pública para facelos», decatáronse que se lles podía ir o negocio das mans e acudiron á vía xudicial para paralizalo proceso..., perdendo.
O malo é que a Xustiza foi tan lenta que, ante a falta de espazo para soterramentos no vello cemiterio, o presidente, xa non en calidade como tal, púxose ao fronte do grupo de comuneiros que os tiña encargados á Comunidade, mentres o bando do expresidente facía o outro grupo de panteóns, grazas á baixada de pantalóns do bigoberno que tíñamos no Concello. Comprenden agora por que se fixo o reparto..., se os fondos seguisen en poder da Comunidade iríaselles o negocio ó garete.
Apenas coñezo o problema desta Comunidade, só polo que leo na prensa, mais ollando as declaracións do seu presidente: «A pelexa dalgúns é por botar abaixo á xunta directiva e pórse eles», lémbrome que aquí usaban a mesma argucia e saíulles ben... magoa de documentos que pon a ca un no seu sitio e que a Xustiza non quixo ver.
Ao marxe da polémica, o que si debemos felicitar é a esa Xunta Reitora e a toda Comunidade, moi poucas poden presumir de dar traballo a 17 traballadores durante todo o ano, que no verán chegan a 45.

La Voz de Galicia: «A pelexa dalgúns é por botar abaixo á xunta directiva e pórse eles»
O presidente da comunidade de montes quere o voto a man alzada
Luis Rodríguez, presidente da comunidade de montes de Cabral, está convencido de que detrás da oposición dun grupo de comuneiros á implantación dun gran área comercial en Liñeiriños hai algo máis. «A pelexa dalgúns é por botar abaixo á xunta directiva e pórse eles», comenta. Por se queda algunha dúbida puntualiza que os que agora queren pórse á fronte da entidade estiveron unha década e deixárona case na ruína. Agora, di, como se gañou o preito a Aena polos terreos do aeroporto e hai diñeiro, queren volver.
Sobre as propostas que levará a xunta directiva á asemblea de hoxe, engade: «Non temos nada que ocultar, a asemblea é soberana e eu proporei votar a man alzada; non hai problema, explicarei o que leva unha votación e outra; teño a esperanza de que a asemblea se desenvolva tranquilamente e de que se tomen decisións de forma pacífica, todas as opcións son sas e lícitas e farase o que diga a maioría», engade.
O presidente presume do saneadas que están as arcas da comunidade de montes ata o punto, di, de ser unha das que gozan de mellor situación económica en Galicia. De feito, converteuse case nunha empresa ao contar con 17 traballadores durante todo o ano, que no verán chegan a 45.
A asemblea anual de hoxe dará a coñecer o estado das contas, entregadas previamente aos comuneiros nun libro. Para Luís Rodríguez isto é unha mostra máis do funcionamento democrático da entidade. Por iso, advirte que non ten sentido empregar a forza, cando, recorda, «xa pasaron os tempos nos que había liberdade e queixabámonos por iso». Calcula en 780 o número de comuneiros e ao redor de 120 as hectáreas.
«En só dous días conseguimos 350 firmas para votar en urna»
Luís Rodríguez, presidente dos comuneiros: «Porto Cabral dará traballo a toda cidade»
No hay comentarios:
Publicar un comentario