Oscar Vázquez |
Sen comentarios....
La Voz de Galicia: Rebentan a asemblea para crear unha área comercial en Vigo
Tres persoas foron detidas por presuntos insultos e agresións á policía na reunión de comuneiros onde se debatía Porto Cabral
A asemblea de comuneiros da parroquia viguesa de Cabral tivo que suspenderse hoxe por segunda vez nun mes ante as protestas dun sector da comunidade de montes que se nega á construción dunha área comercial nos seus terreos sen ter antes máis información.
Non só lograron rebentar a reunión, senón que tres persoas foron detidas na entrada ao recinto do Ifevi, onde se desenvolvía o acto, por presuntas ameazas e agresións á policía. A xunta reitora pretendía que se dese o visto e prace a man alzada para continuar as negociacións coa empresa, mentres que os opositores reclamaban o voto nas urnas.
«O monte non véndese», «non caciques en Cabral», «directiva dimisión», rezaba nalgunhas das pancartas, acompañadas por berros de dimisión, lercha e bandido. Mentres que no exterior a tensión aumentaba por momentos e os axentes víanse obrigados a reducir a algunhas persoas e a impedir que chegasen ás mans, no interior os asubíos fixeron imposible a celebración da asemblea, nin con votación en urna.
Finalmente a xunta directiva accedeu a suspender o acto e a convocar en data próxima unha asemblea informativa aberta a toda a parroquia. Con posterioridade convocarase outra reunión só para a comunidade de montes na que se votará en segredo se quere a área comercial. De ser así, o terreo da comunidade de montes afectado, uns 300.000 metros cadrados, sería expropiado a través dun pacto coa empresa promotora e o Concello, xa que non se pode vender. Pola contra, a administración podería recorrer á expropiación forzosa.
Faro de Vigo: Los opositores a Porto Cabral rebentan a reunión comunal con 7 feridos y 3 detidos
Faro de Vigo: Os que chiaban na asemblea eran unhas 70 persoas e estaban politizadas
Faro de Vigo: Suspendido o xuízo rápido aos tres detidos de Cabral
La Voz de Galicia: Estás de acordo co proxecto comercial de Porto Cabral?
No hay comentarios:
Publicar un comentario