miércoles, 19 de junio de 2013

Xantar na Granxa


I Xornada de degustación de cabrito e cordeiro do país, o vindeiro 6 de xullo en Pol (Lugo).

Unha xornada para que tódolos teus sentidos gocen coñecendo as ganderías de Beealia e degustando o resultado da crianza natural que levan a cabo.

Xuntarémonos en Rioxoán (Pol) ás 11:00, para logo facer unha excursión a La Cabreta.

Arredor das 14:00 teremos o xantar degustación das nosas receitas de año e cabrito ideadas e elaboradas por Josep Mª Blasi, xunto coa cociñeira Lucía Rodríguez do restaurante Saleta en Mosteiro (onde terá lugar ó ágape!).

Despois teremos unha sobremesa musical con Germán Díaz en concerto.

Para remata-lo día daremos un paseo por Veiga de Luaces, na ribeira do Azúmara.

Podedes inscribirvos chamando ao 619593558 ou enviando un correo a beealia@gmail.com ata o día 30 de xuño (Indicade nome e apelidos e un teléfono de contacto)

O prezo é de 22 euros para os adultos e 8 euros para os nenos

Recomendamos traer roupa e calzado apropiados para o campo.

Non agardes e inscríbete xa! O aforo é limitado.




No hay comentarios: