viernes, 1 de noviembre de 2013

Demasiados castros no tiveron tanta sorte

Lamentablemente poucas veces dá gusto ler noticias coma esta cando se fala do noso rico Patrimonio e ollamos as desfeitas que comenten os políticos de quenda ou algúns particulares.
Faro de Vigo: Rozan o Castro de Troña para recuperar as vistas do Val do Tea

Operarios da Deputación cortan especies invasoras ao redor do xacemento - Veciños de Pías colaboran na retirada de madeira.

Operarios da Deputación de Pontevedra traballan na limpeza, roza e talla de especies invasoras nas inmediacións do Castro de Troña, en Ponteareas. A pretensión desta actuación é recuperar as vistas do Val do Tea, agora tapadas por acacias, mimosas e eucaliptos, entre outros exemplares.Conseguilo, depende tamén da colaboración da Comunidade de Montes de Pías, xa que os traballadores provinciais acometen a talla en terreo municipal e os comuneiros deben facer o mesmo nos seus. O seguinte paso será controlar os brotes para evitar que se reproduzan.

Esta actuación, supervisada por dous arqueólogos, forma parte do proxecto de recuperación e aproveitamento dos recursos galaico-romanos, levado a cabo pola Deputación, e que implica a 16 castros da provincia. Primeiro actuouse no xacemento de Santa Trega, na Guarda, e despois de Troña, os traballadores acondicionarán as inmediacións do castro de Altamira, no monte San Nomedio, nas Neves.

A retirada do material rozado é laboriosa. A Dirección Xeral de Patrimonio impide a utilización de maquinaria que poida danar os restos arqueolóxicos e debe realizarse a man. Nesta laboura colaboraron os veciños que retiraron parte da madeira cortada. "O 5 de novembro está prevista a queima de follas, puntas e demais restos vexetais" explica o edil de Cultura ponteareán, Andrés Sampedro.

Nunha segunda fase, xa dentro do plan director do Castro de Troña, está prevista a restauración do enclave arqueolóxico, e posteriormente, a musealización e creación dunha área de interpretación con visitas guiadas.

No hay comentarios: