Confemadera Galicia: O sector reclama “compromiso” co desenvolvemento sustentable do monte para rendibilizar e preservar a súa riqueza
No marco da Semana Forestal Europea, que promove a FAO do 2 ao 6 de novembro, Confemadera Galicia reclamou un “compromiso” do conxunto da sociedade galega para apostar por un modelo de desenvolvemento sustentable do monte galego, que permita rendibilizar a riqueza forestal coa súa preservación, de modo que se poida deixar ás próximas xeracións un sector forestal con futuro e un medio rural con oportunidades para as xeracións futuras.
A industria ten claro que é “o momento de apostar polo desenvolvemento do sector forestal e da madeira en Galicia”, implantando medidas de apoio que permitan rendibilizar o monte, á vez que se rexenera de forma sustentable.
O monte produtivo, non arde
O sector considera necesario “promover unha política forestal que incentive o investimento do propietario no monte” cunha selvicultura moderna para obter “madeira de calidade e en cantidade” e potenciar a xestión conxunta da propiedade.
Tamén reclamou unha “mellora da competitividade sectorial, a través dunha clarificación, simplificación e axilización de trámites administrativos” e a equiparación da normativa do transporte forestal á Unión Europea. E que “consolídense as infraestruturas e a actividade industrial en Galicia” de toda a cadea de valor da madeira. A crise puxo “en serias dificultades a moitas empresas” e agora é momento de axudalas “lamentablemente, desaparecerán ou se irán onde teñan garantido unha subministración estable de madeira”.
Presentación da campaña O monte é a nosa vida
Confemadera Galicia presentará unha nova edición da campaña O monte é a nosa vida, axúdanos a coidalo, o vindeiro xoves en Xinzo de Limia, unha das zonas máis castigadas polos incendios forestais o pasado verán. O obxectivo é sensibilizar ás xeracións máis novas do valor ambiental, social e económico do monte galego.
O acto terá lugar no IES Lagoa de Antela e tamén participasen alumnos do IES Cidade de Antioquía onde se imparten os ciclos de formación profesional de Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural e Xestión Forestal e do Medio Natural.
Mediante esta campaña a industria desenvolve varias accións de difusión e sensibilización, entre as que cabe destacar a participación no Plan Proxecta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, charlas informativas nos colexios, multiconferencias e un concurso escolar para agasallar os mellores traballos que reflictan o valor do monte galego, segundo a visión de estudantes da ESO e Educación Especial. Este concurso reparte agasallos por valor de 900 euros entre as diferentes categorías.
Como novidade, Confemadera Galicia e a Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo colaboran para amplificar o ámbito da actuación do concurso xa que se abre unha nova categoría dirixida a estudantes de bacharelato, cun premio valorado en 1.000 euros.

No hay comentarios:
Publicar un comentario