martes, 15 de noviembre de 2016

Os sendeiristas mobilízanse contra os cazadores

Sempre que ando polo monte, levo chaleco para non pasar desapercibido
O monte e a natureza é de todos os cidadáns. O seu goce é un dereito amparado pola Constitución española na súa articulo 45. Pero cando se fala de cazadores con escopetas parece que a cousa cambia. Este colectivo propuxo ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que na nova Lei de Montes, actualmente en proceso de redacción, inclúase a prohibición de paso aos montes por parte de sendeiristas e demais usuarios, nas zonas e días en que se organicen batidas ou monterías. Din que así se evitarían accidentes fortuítos, léase disparos a inocentes viandantes confundidos con cervos ou xabaríns.

Por ese regra de tres, por que obvian os que se matan entre eles neses "disparos inocentes"?

A futura lei podería incluír sancións de até 1.000 euros por camiñar por estes espazos durante a celebración de monterías.


Vamos que pago impostos por un par de propiedades e non podo andar por elas cando me apeteza ou polo monte comunal, do que salvo algúns cazadores o resto nin comuneiros son.

En virtude das restricións legais para poder seguir lendo a nova deben pulsar: aquí.


22/11/2016: Non son demasiados mortos entre cazadores ano trs ano, sen que ao meu parecer se tomen máis medidas? Un cazador mata a outro dun tiro ao confundilo con un xabarín. D.E.P.

No hay comentarios: