As tres comunidades de montes de moañesas: Domaio, Meira e Moaña, descartan acollerse ao plan de fumigación de eucalipto exposto pola Consellería de Medio Rural para loitar contra a praga de gonypterus scutelatus que afecta a esta especie e impide o seu crecemento desde hai anos. Trátase dunha medida que moitos tachan de agresiva, pois colectivos ecoloxistas denunciaron que o Flufenoxuron, o composto químico que empregará a Xunta para acabar con esta epidemia, é tóxico e podería afectar a animais e mesmo a persoas. Desde as xuntas de montes locais non ven necesidade de acollerse a este plan e sinalan que levan anos nun proceso de substitución de especies para eliminar os eucaliptos, actuando mesmo contra os brotes, e plantando no seu lugar piñeiros. Onde se pode, mesmo recorren a especies frondosas como castaños e carballos.Haber se é verdade, porque subindo de Pontedeume cara ás Pontes as masas de eucaliptos sobresaian sobre os arbores autóctonos. O resultado foi que os eucaliptos resultaron moito máis afectados polo lume, que a fraga en si. Medio Rural planea erradicar los eucaliptos de As Fragas do Eume
O presidente de Domaio, Juan Santos, indica que "non se sabe o efecto que tería a fumigación incluso en cursos de auga", e lembra que desde os incendios do verán de 2006 tratan de resolver o problema directamente eliminado eucaliptos. "Xa replantamos outras especies en máis de 300 hectáreas" das 800 que compoñen o monte comunal da parroquia.
Tanto ao longo de 2011 como na actualidade, o proceso de substitución de especies están a levalo a cabo en puntos como Pedras Negras o Chan da Lagoa. En Chan de Grixó, por exemplo, os piñeiros xa teñen un tamaño considerable e atópanse en fase de poda. "Este ano actuaremos en máis zonas a medida que poidamos. Noutros puntos nacen de xeito natural eucaliptos e piñeiros, en canto os primeiros teñan un tamaño bo os cortaremos e trataremos de eliminalos", explica Santos. Os maiores problemas con esta praga prodúcense preto dos límites con montes particulares, que si teñen eucalipto infectado.
En Meira, onde aseguran non recibir o escrito da Xunta ofrecendo esta campaña de fumigación, tamén levan anos repoboando con piñeiros zonas de eucaliptos, como ocorre en Moaña. "Nalgúns puntos empregamos frondosas, pero ao ser terreos con pendente e moita pedra o piñeiro é o que mellor se adapta", indica o presidente dos comuneiros, Luís Lemos. Nesta parroquia a zona máis afectada era o terreo de A Moscosa, onde a comunidade de montes leva unha década traballando para por fin aos eucaliptos.
O traballo para eliminar os brotes desta especie é constante no tres casos.
Firmas contra a actuación en Lalín e A Estrada
As fumigacións aéreas que autoriza a Xunta poden afectar, sobre todo, ao monte de Lalín, A Estrada e Vila de Cruces. A propia Organización Galega de Comunidades de Montes participa nunha recollida de firmas para impedilo alertando dos efectos que tería a pesticida. Mesmo falan de que se verían afectados terreos incluídos na Rede Natura 2000.
Distinto é o camiño adoptado polas xuntas de montes locais. A de Moaña, por exemplo, pretende acabar de eliminar o eucalipto do Monte Agudelo este mesmo exercicio. Leva 15 anos sendo improdutivo pois a praga de gonypterus scutelatus ataca ás follas e impide o crecemento dos exemplares.
Parcelas de mostraxe na comarca
Segundo Juan Santos, o que si ven con bos ollos son outras iniciativas como a solta do parasito Anaphaes nitens, que a Xunta incrementou esta primavera. Coa solta de 1,2 millóns de individuos desta especie pretenden diminuír a praga de gurgullo do eucalipto. En O Morrazo localízanse varias das parcelas de mostraxe elixidas por Medio Rural para analizar a efectividade desta solución.
Fonte orixinal:
Faro de Vigo
Amosando publicacións coa etiqueta Meira b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Meira b>. Amosar todas as publicacións
martes, 8 de maio de 2012
Dous exemplos a ter en conta
luns, 31 de xaneiro de 2011
Aprobaremos algún día un presuposto?
Dende que en maio de 1979 se nos devolveron os montes, na nosa comunidade non houbo unha Xunta Reitora que se "atrevese" a elaborar un presuposto anual. O xeito de funcionar é a base de improvisación, xa que mentres haxa cartos no banco o máis práctico é tirar de chequeira sen "esprimilos méollos".
Así tamén é máis doado adxudicar obras a "xornal", como se isto fose un coto privado dalgúns e non unha comunidade de montes. Na miña supina ignorancia digo eu que os comuneiros estamos para algo máis que dicir: Amen, si Señor... aínda que á vista dos antecedentes, que queren que-lles diga?.
Os comuneiros de Meira aproban un orzamento de 259.900 euros antes de iniciar un período de austeridade.
Fonte: Faro de Vigo

A asemblea xeral dos comuneiros de Meira que se celebrou onte no colexio de Reibón serviu para aprobar, por unanimidade, un orzamento que contempla un gasto de 259.913 euros. De ingresos só estima 53.000 euros e a directiva achácao ao gasto extraordinario que supón a última fase das obras para acondicionar o local social da Fanequeira. Trátase dun pago de 87.000 euros. Este desfasamento orzamentario cubrirase co remanente negativo procedente das expropiacións do Corredor. Iso si o presidente, Luís Lemos, advertiu que esas reservas, que permitiron remodelar o local ao longo do último ano, estanse acabado e que a partir de 2012 os orzamentos deberán ser moito máis austeros.
Tamén se aprobaron sen oposición de ningunha das 200 persoas presentes as contas do último exercicio, no que se investiron 304.000 euros e ingresáronse 150.000. Neste sentido, a xunta directiva criticou que no último ano non recibiron subvencións da Deputación nin da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o que lles obrigou a cancelar o proxecto de recuperación de petroglifos.
Entre o resumo dos traballos feitos atópanse actividades silvícolas, plantacións e talas preto das casas, realizados por unha cuadrilla de catro persoas que mantén o colectivo con recursos propios.
Tamén se deron conta doutras actividades como o carreiro de madeira construído para acceder á mítica Pedra Morcegueira.
Así mesmo, quedou aberto o prazo para a presentación de candidaturas á xunta. As eleccións serán o 26 de marzo e este prazo conclúe dous días antes.
Fonte: Faro de Vigo
xoves, 15 de abril de 2010
Máis claridade e transparencia
Mentres noutras comunidades de montes as súas xuntas reitoras elaboran e propoñen un presuposto anual para que os comuneiros e comuneiras saiban en todo intre como e onde se van investilos fondos comunitarios, aquí séguese tirando da "chequeira", aínda que agora dende outubro sen sabelo por qué deixaron de amosársenos as contas. Algo nada éstrano se nos paramos a pensar que adía de hoxe seguemos sen sabelo custo real do local de tódolos/as comuneiros/as.
Esta forma de facelas en Nebra non é exclusivo da afinidade política ou apolítica? do presidente de quenda, aquí todos pecaron e pecan do mesmo.
Outro exemplo témolo no caso de "facer amigos" adxudicando traballos comunais a dedo e sen que a asemblea xeral teña coñecemento e moito menos aprobou. Gracias a esta maneira de actuar, os poucos que nos atrevemos a tentar intervir nas asembleas somos interrompidos non só polos reitores, se non por comuneiros que non se decatan de nada e nalgúns casos, con vínculos familiares dos beneficiados.
Na ligazón que adxunto poderán ver como a asemblea de comuneiros de Meira aprobou o presuposto de 315.800 euros para este ano e convocaron unha praza de peón forestal, polo que abriron un prazo dun mes para que os interesados da parroquia poidan presentar as súas solicitudes.
Esta é unha das formas correctas de proceder e así tamén se evitan especulacións, que "habelas hailas", coa forma de proceder máis ditatorial que democrática que vimos observando dende fai tempo.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)